MEDIO AMBIENTE

O Concello uniuse ao "apagón" polo cambio climático

01/02/2007

O Concello de Santiago de Compostela sumouse á iniciativa do "apagón" lanzada dende Francia polas 72 organizacións ecoloxistas da Alianza polo Planeta. Xa que logo, a tarde do xoves 1, entre as 19:55 e as 20:00 h., apagouse o alumeado da améndoa histórica compostelá para chamar a atención sobre a urxencia de facer fronte ao cambio climático.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Compostela vincúlase a REDEL, unha rede de vangarda no desenvolvemento local

01/02/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asistiu en Bilbao ao encontro de entidades locais para a constitución de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. Na reunión concretáronse os estatutos de REDEL, que agora deben recibir o visto bo das entidades integrantes da rede. Tamén se definiron los logotipos da Asociación, o dominio en internet e estudouse o plan de actuación para o ano 2007.

Ler máis

PREMIOS

Isidro Novo, Javier Cercas e Abraham B. Yehoshúa recibiron os premios San Clemente

01/02/2007

O Instituto Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios literarios "Arcebispo Juan de San Clemente". Nesta duodécima edición os premiados foron Isidro Novo, pola súa obra "Un escuro rumor", na categoría de novela galega; Javier Cercas, por "La velocidad de la luz", en novela castelá; e Abraham Yehoshúa, por "La novia liberada", en novela estranxeira. Antes do acto, os premiados foron recibidos polo alcalde en Raxoi.

Ler máis

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

O Consello de Migracións celebrou a súa sesión constitutiva

01/02/2007

O Salón de Plenos foi escenario da constitución definitiva do Consello de Migracións, integrado polas diferentes representacións dos emigrantes e inmigrantes de Santiago. Este órgano pretende atender mellor as problemáticas específicas deste colectivo, facéndoo partícipe da vida municipal.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Medio Ambiente e Centros Socioculturais dan continuidade á súa campaña conxunta de educación ambiental

01/02/2007

Á vista do éxito do programa de educación ambiental posto en marcha o pasado Nadal, as concellarías de Centros Socioculturais e Medio Ambiente decidiron dar continuidade a esta iniciativa. Deste xeito, dende febreiro e ata xuño, os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche volverán a acoller unha serie de obradoiros co fin de concienciar aos máis novos sobre a conservación do medio.

Ler máis
Compartir: