ALCALDÍA
O alcalde destaca o impacto xerado na cidade pola chegada das compañías de baixo custo
As III Xornadas de Aeroportos Rexionais reúnen en Compostela a aeroliñas e xestores de aeroportos rexionais na busca de estratexias comúns neste cambiante mercado. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o evento,organizado en torno a tres paneis: Retos das compañías aéreas nun escenario de cambios, Análise dos posibles modelos de xestión aeroportuaria e Impacto económico e turístico dos aeroportos rexionais no seu entorno.
CONSORCIO
O Festival de Músicas Contemplativas aposta polo diálogo intercultural
Compostela acollerá na Semana Santa de 2008 a terceira edición do Festival de Músicas Contemplativas, un proxecto deseñado polo Consorcio de Santiago co obxecto de unir arquitectura e música no marco do patrimonio restaurado e rehabilitado polo propio organismo.
COMERCIO
Os comercios da rúa de San Pedro abrirán ata as doce na súa "Noite Branca"
O Barrio de San Pedro celebrará o sábado 15 de decembro, dende as doce da mañá ata a madrugada a súa "Noite Branca", promovida pola Asociación de Comerciantes de San Pedro e a Comisión de Festas do barrio. Unha iniciativa dinamizadora e pioneira á que están convidados a participar todos os veciños de Compostela.
CULTURA
A Caravana Solidaria parte cara a Chiapas financiada cos cartos recadados no Festiclown
"Levar o sorriso e a solidariedade a comunidades que o precisan para que se coñeza e se mellore a súa situación" é o obxectivo da Caravana Solidaria, que un ano máis pare cara Chiapas (México) financiada polos cartos recadados no Festiclown. Así o explicou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación desta viaxe na que, a través da risa e do clown, intentarán dotar ás comunidades locais de instrumentos cos que sobrevivir a unha realidade hostil para os pobos indíxenas.
ALCALDÍA
A cidade homenaxeou á Cruz Vermella no 110 aniversario da súa presenza en Santiago
A Asemblea local da Cruz Vermella Española celebra o seu 110 aniversario. Con tal motivo, o Hostal dos Reis Católicos acolleu unha gala na que a cidade quixo recoñecer o labor humanitario desta entidade, en Santiago dende 1897.
TURISMO
Ultima oportunidade para aprender a cociñar polbo cos mellores cociñeiros galegos
Antonio Botana, chef e propietario do restaurante Pandemonium (Cambados), impartirá o sábado 15 de decembro ás 18:00 horas, na Galería Sargadelos, o último obradoiro sobre a cociña do polbo de "Santiago de Compostela. Repetirás". Botana realizará en directo as súas especialidades, explicando o proceso seguido, de xeito que cada asistente poida repetir a experiencia na súa propia cociña.
MEDIO AMBIENTE
O Consello Municipal de Medio Ambiente aproba un plano de traballo para desenvolver a Axenda 21 Local
Na primeira reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente, presidida pola concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, aprobouse un plano de traballo que terá como obxectivo fundamental o desenvolvemento da Axenda 21 Local.