TURISMO

Compostela, Xerusalén e Roma debaten estratexias comúns

29/11/2007

Compostela, Xerusalén e Roma son as protagonistas do I Congreso Internacional de Cidades de Peregrinación. O Hotel Monumento San Francisco acolle entre o 29 e o 30 de novembro un encontro no que se analizan os problemas comúns e se debaten estratexias de futuro.

Ler máis

COMERCIO

O Plan de Excelencia Comercial potenciou a Compostela como capital de compras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

29/11/2007

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron os resultados do Plan de Excelencia Comercial. O PEC, asinado o 13 de novembro do 2006 entre ambas entidades, contou cun orzamento de 289.022 euros (146.238 euros achegados polo Concello, e 142.784 pola Deputación).

Ler máis

UMAD

A psicóloga Manuela Mateo-Morales pecha o obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas"

29/11/2007

Ante o interese e a alta participación de pais e nais no obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas. ¿Un tema de familia?", do Programa de pais e nais para a educación, a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) preparou unha conferencia final. Encargarase da mesma Manuela Mateo-Morales Vila, psicóloga e autora do libro "¿Cómo se lo explico? Educación sexual en la infancia".

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba unha relación de 69 nomes para novas rúas e prazas

29/11/2007

Os novos polígonos de vivendas xa ocupados e os que se irán abrindo en vindeiras datas fixeron necesario buscar unha relación de nomes cos que bautizar rúas, prazas e parques da cidade, a fin de que os veciños poidan rexistrarse e dar de alta os servizos básicos. Por este motivo e á vista das suxestións formuladas no seu día polas tres formacións políticas, o Pleno aprobou, cos votos favorables dos dous grupos municipais do Goberno e o negativo do PP, unha lista de 69 nomes proposta pola Alcaldía.

Ler máis
Compartir: