CULTURA

O "Réquiem" de Duruflé no Auditorio de Galicia

28/11/2007

Trátase dun dos concertos máis espectaculares da temporada, coa Real Filharmonía ao completo, o coro Collegium Compostellanum e as voces de Andreas Scheibner e Stephanie Houtzell, todo baixo a batuta de Maximino Zumalave. O xoves 29 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

TURISMO

O Fórum Gastronómico Santiago’08 reunirá aos mellores profesionais da cociña actual

28/11/2007

Durante unha semana Santiago de Compostela converterase na principal referencia gastronómica de Europa coa presenza dos grandes cociñeiros do panorama culinario actual. O Fórum Gastronómico Santiago’08. As cociñas do Atlántico, que terá lugar entre o 16 e o 20 de febreiro de 2008, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galiciaa, congregará a expertos como Ferran Adrià, Vitor Sobral, Paul Cunningham, Seiji Yamamoto, Stephane Buyens, Koldo Miranda, Jordi Roca, René Redzepi ou os membros do Grupo Nove,...

Ler máis

AEROPORTO

Unha UTE construirá en 26 meses a nova terminal de Lavacolla

28/11/2007

A UTE formada por Corsán-Corviam Construcción, Copcisa e Teconsa será a encarga de construír a nova terminal aeroportuaria de Lavacolla. AENA anunciou a adxudicación a esta unión de empresas da obra, que fixa un prazo de 26 meses, polo que o edificio podería estar rematado na primavera de 2010. A oferta da adxudicataria ofrece un orzamento de 125.836.820 euros, o que supón unha rebaixa do 26,62% sobre o orzamento inicial.

Ler máis
Compartir: