EDUCACIÓN

Os escolares composteláns poden participar ata o vindeiro 26 de novembro no concurso de carteis para o Nadal 2007

13/11/2007

Como cada ano cando se achegan as datas do Nadal, o Concello de Santiago organiza o concurso de carteis no que están chamados a participar todos os escolares de educación infantil e primaria do municipio. Os gañadores, ademais dunha contía económica, poderán ver os seus debuxos ilustrando o programa das actividades que o Concello pon en marcha nesta época, como anunciou en rolda de prensa a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.

Ler máis

DEPORTES

O alcalde salienta o papel dinamizador do club Squash Santiago na vida deportiva dos composteláns no 25 aniversario do centro

13/11/2007

Un cuarto de siglo leva o club Squash Santiago traballando en prol deste deporte. Con motivo do aniversario, os directivos da entidade organizaron un torneo internacional que se está celebrar na cidade e que remata o vindeiro sábado. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi, acompañado de parte da corporación, aos partipantes e agradeceu a todos, xogadores, directivos e patrocinadores, o labor realizado neste ámbito deportivo.

Ler máis

RESTAURACIÓN

Profesionais da restauración do patrimonio histórico queren que Santiago sexa a sede dun centro de referencia neste campo a nivel europeo

13/11/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá a representantes de diversas entidades europeas relacionadas coa formación en restauración e rehabilitación de edificios, entre eles a directivos da Fundación Laboral de la Contrucción, que lle manifestaron ao rexedor a intención de que Santiago sexa a sede dun centro de referencia para a formación de profesionais a nivel europeo. Sánchez Bugallo trasladoulles a intención do Concello de colaborar no necesario para poñer en...

Ler máis
Compartir: