ALCALDÍA

O alcalde recibe un premio que recoñece o seu apoio aos mercados municipais

29/10/2007

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a benvida aos participantes do V Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas, organizado pola Empresa Nacional MERCASA e a Federación española de Municipios e Provincias (FEMP). Logo pola noite, recibiu un premio en recoñecemento ao seu apoio a este tipo de mercados. O encontro celébrase o luns 29 e o martes 30.

Ler máis

UMAD

A UMAD pon en marcha programas de prevención de drogodependencias

29/10/2007

A Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) porá en marcha dous programas de prevención de drogodependencias, unha vez adxudicada a súa realización pola Xunta de Goberno. Trátase do Programa de información e formación en prevención de drogodependencias e do Programa de prevención de drogodependencias a través do adestramento en habilidades sociais.

Ler máis

ZONA HISTÓRICA

O Goberno local autoriza o uso da vía pública pola rampla da SGAE

29/10/2007

A proposta da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García, a Xunta de Goberno autorizou á Sociedade General de Autores e Editores (SGAE) a ocupación de 14 metros cadrados de superficie da rúa Salvadas, 0,75 metros lonxitudinais, coa rampla-escaleira de acceso ao edificio. A eficacia desta autorización queda condicionada á legalización urbanística das modificacións efectuadas pola SGAE sobre a obra proxectada.

Ler máis

CULTURA

A Real Filharmonía de Galicia retoma os seus concertos didácticos no Auditorio

29/10/2007

Os días 30 e 31 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia volve ofrecer os seus concertos didácticos no Auditorio como unha forma diferente de achegar a música clásica aos máis pequenos da cidade e da bisbarra. "Pedro e o lobo", de Prokofiev, é unha peza na que diferentes instrumentos da orquestra representan os distintos personaxes do conto infantil á vez que resaltan as palabras do narrador.

Ler máis
Compartir: