REHABILITACIÓN
Aberto o prazo de solicitudes para participar no Programa de Edificios Tutelados
Todos aqueles interesados en participar no Programa de Edificios Tutelados xa poden presentar as súas solicitudes, trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 10 de agosto. Os impresos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (Presidente Salvador Allende, 4-baixo), no Rexistro do Consorcio da Cidade de Santiago (Rúa do Vilar, 59) ou por calquera dos medios admitidos na Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común....
INCENDIOS
Máis de 200 persoas seguen a traballar no dispositivo municipal de loita contra o lume
Un dispositivo de máis de 200 persoas continúa a traballar para atallar o problema dos incendios no Concello de Santiago. Malia que se ten reducido a incidencia do lume, este dispositivo manterase durante a fin de semana e avaliarase a súa prolongación o luns 14, en función das condicións climatolóxicas e da evolución da situación nos montes composteláns.
REHABILITACIÓN
Os arquitectos deseñan a recuperación das Hortas como espazo público
Os participantes na Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación seguen a debater sobre oito proxectos en distintos concellos galegos. Unha desas iniciativas é a que vai recuperar As Hortas como espazo público e na que está a traballar un equipo de cinco persoas. Cando estea listo o proxecto e se leve a cabo, Compostela contará cunha superficie de hortas urbanas para o goce e utilización práctica de tódolos cidadáns.
TURISMO
A Quintana vibrou coa música pinchada por Dj Food e as imaxes creadas por Vj Mox no CurtoCircuíto na Rúa
Dj Food e Vj Mox, membros do selo independente británico de recoñecido prestixio internacional Ninja Tunes, fixeron latir o xoves 10 as pedras da Quintana. Na cuarta sesión de CurtoCircuíto na Rúa xuntáronse preto de un milleiro de persoas para gozar da música e da videocreación en directo destes artistas internacionais.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinan un convenio para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos
O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción de Galicia. Este taller, que contará con nove alumnos e tres capataces con experiencia, terá unha duración dun ano e desenvolverase nas aulas e na horta do mosteiro de San Martiño Pinario.