ALCALDÍA

Un Nobel de Química en Santiago

26/10/2006

O Premio Nobel de Química en 1991, Richard Ernst pronuncia unha conferencia o venres 27 no marco do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio de Santiago, e que nas últimas semanas xa contou coas intervencións doutros prestixiosos galardoados tamén pola Academia Sueca. O científico aproveitou a súa estancia en Santiago para visitar o Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o convidou a asinar no Libro de Honra.

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico e o Consello da Xuventude de Galicia colaboran na promoción de actividades para os mozos e mozas de Galicia e norte de Portugal

26/10/2006

O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia (CXG), María Dolores Rodríguez Amoroso, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal ámbalas entidades colaborarán na posta en marcha de diversas actividades para a xuventude dos concellos integrantes do Eixo.

Ler máis

DEPORTE

Modificacións no tráfico con motivo da XXIX Carreira Pedestre Popular

26/10/2006

O Departamento de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago de Compostela informa aos condutores de vehículos e ao público en xeral que, por mor da celebración da XXIX Carreira Pedestre Popular organizada por "El Correo Gallego" o domingo 29 de outubro, produciranse modificacións temporais no tráfico na cidade durante o transcurso deste certame deportivo.

Ler máis

CULTURA

Un obradoiro para reflexionar sobre a Cidade da Cultura

26/10/2006

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a presentación de "Left for tomorrow", o obradoiro da artista e arquitecta eslovena Apolonija Sustersic dentro do proxecto de arte pública "A cidade Interpretada". As sesións teñen como tema fundamental a Cidade da Cultura.

Ler máis

PLENO

Visto bo á redacción definitiva do PXOM

26/10/2006

O Pleno Municipal aprobou en sesión extraordinaria o documento de adecuación ao acordo de aprobación provisional da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Deste xeito, resultaron incorporadas todas as alegacións aprobadas no Pleno do 31 de xullo e queda listo o documento para a súa remisión á Xunta de Galicia. A xuízo do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, "quedou listo o listón maior que pode haber no urbanismo en Galicia".

Ler máis

CULTURA

Cineuropa premia a traxectoria do director Bahman Ghobadi e do compositor Stephen Warbeck

26/10/2006

O festival Cineuropa, organizado pola Concellería de Cultura, chega este ano á súa XX edición coa programación máis ampla e variada da súa historia: máis de cen películas e documentais, entre elas máis de cincuenta estreas. E, para lembrar estas dúas décadas de compromiso co cine independente e de calidade, o departamento municipal ten previsto celebrar unha serie de actos complementarios da exhibición de filmes, entre eles o concerto inaugural do festival, o xoves día 2 de novembro, e a entrega...

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Bernardino Rama: "Das certificacións emitidas das obras do Parque de Bombeiros non se deducían desviacións"

26/10/2006

O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, compareceu ante o Pleno municipal para informar sobre a situación das obras do futuro Parque Comarcal de Bombeiros. Indicou que as obras están paralizadas á espera do informe da dirección facultativa, que determinará cales sons as modificacións realizadas respecto ao proxecto inicial, o incremento orzamentario e se é necesario abrir ou non un novo proceso de contratación.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Oito empresas creadas a partir do proxecto Equal Compostela Social reciben a cualificación de Iniciativas Locais de Emprego

26/10/2006

Oito empresas nacidas ao abeiro do proxecto Equal Compostela Social obtiveron xa a cualificación de Iniciativas Locais de Emprego (ILE). Esta cualificación concédese a proxectos empresariais de nova creación, de carácter innovador e xeradores de emprego. Destas oito iniciativas, todas menos unha están promovidas por mulleres emprendedoras.

Ler máis
Compartir: