CULTURA

WOS INC encherá Compostela de actividades culturais do 12 ao 14 de setembro

29/08/2014

O próximo 12 de setembro inaugúrase en Santiago WOS INC, a primeira incubadora de ideas galega. Unha iniciativa da produtora compostelá Work on Sunday, en colaboración con diferentes axentes culturais galegos, que nace amparada polo ciclo Compostela Rock, organizado pola Concellería de Cultura. Máis de 30 espectáculos e eventos nun fin de semana, tres dias de actividades, que encherán Compostela de música, arte e cultura.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Un investimento de 650.000 permitirá comezar coa renovación completa da avenida Quiroga Palacios antes de rematar o ano

29/08/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, informou hoxe en rolda de prensa da aprobación do expediente de contratación das obras de renovación da totalidade da Avenida Quiroga Palacios, dende a Avda. de Lugo ata a rúa de Belvis, nas inmediacións do Seminario Menor. Tamén anunciou que se vai renovar a instalación de iluminación pública da zona alta do barrio da Almáciga, concretamente nas rúas de Touro, Carballo, A Pastoriza e Travesa da Pastoriza.

Ler máis

Xunta de Goberno

O Concello completa o servizo de roza e limpeza de vieiros municipais con traballos para a prevención de incendios

29/08/2014

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar tamén a adxudicación do servizo de prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais do termo municipal por un importe de 41.140,00 €, dos que o Concello achega 25.918,20 euros e o resto vai con cargo aos fondos FEADER europeos.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello destina máis de 300.000 euros a acondicionar os centros escolares durante o verán para o inicio do curso 2014-2015

28/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Educación, María José Corral, visitou esta mañá tres dos centros escolares incluídos no plan de obras do verán que está a executar a Concellería de Educación: CEIP Vite, CEIP Lamas de Abade e Escola Infantil de Conxo. Este programa de traballos e outras tres obras complementarias suporán un investimento de máis de 300.000 euros.

Ler máis

CULTURA

"Peor imposible", o novo espectáculo de Peter Punk, en Verán na Rúa

28/08/2014

O programa Verán na rúa vive as súas últimas xornadas. Este venres 29 de agosto chega Peter Punk, co seu novo espectáculo, Peor imposible. Será ás 19.30 horas na praza de San Martiño Pinario, con entrada libre. Aínda quedan por recuperar a vindeira semana os dous espectáculos suspendidos polo mal tempo. As datas anunciaranse mañá venres.

Ler máis

ALCALDÍA

Acondicionado un tramo de catro quilómetros das marxes do río Sarela

27/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, percorreu un tramo do sendeiro que percorre as marxes do río Sarela para comprobar as últimas actuacións de acondicionamento realizadas. Executáronse rozas nuns catro quilómetros do sendeiro, entre o vello curtidoiro da Pontepedriña de Arriba (O Avío-Romaño) e a Ponte Vella de Vidán. Estes labores serán complementados con outros de mellora dalgunha pasarela e dos camiños de zahorra.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde anuncia a licitación das obras de mellora da EDAR da Silvouta

27/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que a Sociedade Estatal Augas das Concas de España (AcuaES) vai publicar no seu perfil do contratante a licitación das obras de mellora da estación de depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Ata o 1 de outubro estará aberta a presentación de ofertas, continuando así un procedemento que permitirá adxudicar as obras e inicialas neste ano 2014.

Ler máis
Compartir: