CONSORCIO

O Consorcio destina 500.000 euros ás obras do Plan Director do Auditorio

31/07/2008

O Consorcio de Santiago destinará 500.000 euros para financiar obras do Plan Director do Auditorio de Galicia, tras a sinatura do convenio de colaboración celebrada entre o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo e a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

Ler máis

TURISMO

Unha nova publicación ofrece as referencias de máis de 800 comercios de Santiago

31/07/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a Guía de Compras de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo promocionar o comercio de Santiago dende unha perspectiva turística, pero sendo tamén unha ferramenta útil para as persoas que viven en Santiago e a súa zona de influencia e que fan ou poden facer as súas compras habituais na cidade.

Ler máis

FESTAS

Baqueiro destaca o civismo e a alta participación nas Festas do Apóstolo

31/07/2008

Tras catorce intensos días de actividades, grandes concertos e diversión as Festas do Apóstolo 2008 chegan ao seu fin. Con este motivo, o concelleiro de Festas e Mocidade de Santiago, Xosé Baqueiro, fixo balance destes días nos que reinou "o civismo de toda a xente que sabe divertirse sen necesidade de causar destrozos e danos, e a gran participación en todas as actividades programadas".

Ler máis

PLENO

Aprobado definitivamente o orzamento municipal para 2008

31/07/2008

Cos votos favorables do Grupo de Goberno e o negativo do PP, quedou aprobado definitivamente o orzamento municipal para 2008, unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións formuladas polo grupo popular e, en materia de cadro de persoal, polas distintas formacións sindicais.

Ler máis

ALCALDÍA

Dúas comisións traballarán no seo do Consello da Capitalidade cara o Xacobeo 2010 e a Expo de Xangai

30/07/2008

O Consello da Capitalidade acordou a creación de dúas comisións de traballo, a proposta do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para estudar aspectos operativos do Xacobeo 2010 e a presenza de Santiago na Expo Universal Xangai 2010. Así o anunciou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tras unha xuntanza na que o Consello tamén tivo coñecemento do proxecto para conectar con telecabinas a cidade coa Cidade da Cultura.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CULTURA

O programa "Vive o verán" contabiliza máis de 1.200 participantes no mes de xullo

30/07/2008

No Parque de Galeras, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García, e a de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, fixeron un balance de como se está a desenvolver o programa de actividades ao aire libre do Concello de Santiago Vive o verán. Tamén presentaron os contidos e actividades que se reservaron para agosto e que están a ser coordinadas entre Rede de Centros Socioculturais e o departamento de Medio Ambiente.

Ler máis

FESTAS

Oito concertos en oito escenarios diferentes porán o punto e final ás festas do Apóstolo 2008

30/07/2008

Tras catorce intensos días cheos de actividades, as festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica de Ricardo Caballer. O espectáculo comezará ás 23:00 horas do xoves 31. Tras os fogos chegará o momento de despedir as festas por todo o alto. Celébrase por primeira vez Ata o Amanecer, onde haberá oito concertos en oito puntos diferentes da cidade, co obxecto de prolongar a festa neste último día ata altas horas da madrugada.

Ler máis

TURISMO

Compostela promociona turisticamente o seu potencial creador

30/07/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou Latexos, un catálogo que recolle unha mostra de artistas e galerías de arte de Santiago de Compostela. O obxectivo da publicación é promocionar turisticamente o amplo conxunto de artistas e de galerías de arte co que conta Santiago, para ofertar ás persoas que nos visitan un novo xeito de coñecer a cidade a través da súa capacidade creadora.

Ler máis
Compartir: