EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Auditorio de Galicia acollerá o vindeiro 31 de outubro a Gala aRi[t]mar
O edil de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acudiu esta mañá á rolda de prensa de presentación da Gala aRi(t)mar, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e música ediada en Galicia e en Portugal. Na rolda estiveron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director da EOI, Gonzalo Constenla.
CENTROS CÍVICOS
O centro cívico de Conxo organiza un concerto do Coro Estudio na ingrexa da Mercé
A igrexa da Mercé de Conxo acolle mañá un concerto do Coro Estudio, organizado polo centro cívico do barrio. A cita será ás 20.30 horas, e a entrada é de balde.
MOCIDADE
Aberto ata o 12 de outubro o prazo para inscribirse na actividade "Redescubrir o rural"
O Concello pon en marcha unha nova actividade dos orzamentos participativos de Mocidade, desta volta da man de All The Fat e 7H Cooperativa Cultural. A acción fio presentada pola edila de Mocidade, Noa Morales, acompañada de varios representantes das entidades organizadoras.
ACCIÓN CULTURAL
Arranca o novo curso da escola de música de aCentral Folque
A escola de música de aCentral Folque iniciará o 19 de outubro o novo curso, con aulas individuais e colectivas e cunha nova edición do Curso Maxistral especializado en músicas populares. A nova tempada arrancará cun concerto no Auditorio de Galicia, o próximo venres 6 de outubro. A tenenta de alcalde, María Rozas, presentou as actividades, nunha rolda de prensa na que participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e os coordinadores da Escola, Alba María e Mauro Sanín.
ALCALDÍA
O alcalde preside a Comisión Executiva do Consorcio
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, coa presenza do alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. A xuntanza estivo dedicada a asuntos de trámite administrativo.
ALCALDÍA
Recepción á Unión de Consumidores de Galicia no seu trinta aniversario
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción á Unión de Consumidores de Galicia, con motivo do seu trinta aniversario. No acto participou unha delegación da UCGAL encabezada polo seu secretario xeral, Miguel López.
MEDIO AMBIENTE
Un obradoiro sobre a limpeza do fogar e un roteiro polas Brañas de Sar, na programación de outubro do CIAC
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela deseñou unha programación para este mes de outubro coa que quere facernos reflexionar sobre o estado das nosas aldeas e cidades, e sobre o impacto que os nosos feitos cotiáns teñen no medio ambiente. Deste xeito, o CIAC súmase á conmemoración do Día Mundial do Hábitat, que se celebra cada 2 de outubro.
PERSOAL
O Concello convoca vinte e unha novas prazas, dezaseis da quenda libre e cinco de promoción interna
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio de convocatoria para a provisión de varias prazas incluídas nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2015, 2016 e 2017. En total son vinte e unha novas prazas, das cales dezaseis son de quenda libre e cinco de promoción interna.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O CERSIA acolle o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social
Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social do Concello de Santiago. Na rolda estivo Clara Rodríguez, de 7hCoop, empresa encargada da organización do Foro.
CONVIVENCIA
Empezan a funcionar as pulseiras do Colecamiños con máis de 80 nenos e nenas inscritos
Os nenos e nenas que participan no programa de Camiños Escolares Seguros Colecamiños recibirán cadansúa pulseira que avisará ás súas familias da súa chegada aos centros escolares. O novo dispositivo tamén permitirá acumular puntos para canxealos despois por diferentes premios nos establecementos comerciais colaboradores. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta do inicio desta nova fase do programa Colecamiños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Diana Parente,...