TURISMO

As rúas da cidade convértense unha vez máis en plató de cine

02/06/2006

As rúas da zona nova de Compostela serán escenario do 21 ao 25 de xuño da rodaxe de "Bechos raros", o guión gañador da III edición de Compostela Plató, dentro do Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuíto´06". Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, as súas autoras, xa están en Santiago para preparar e facer realidade unha historia que foi seleccionada entre 143 guións procedentes de toda a xeografía española.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Compostela, contra o cambio climático

02/06/2006

"Ti controlas o cambio climático" é o título da campaña de sensibilización que vén de por en marcha a Comisión Europea e á que se uniu o Concello de Santiago de Compostela. Ata o 10 de xuño, os paneis informativos da cidade amosarán os lemas desta iniciativa, que propoñen aos cidadáns o reto de introducir pequenos cambios nos seus hábitos diarios, para conseguir unha redución substancial das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Ler máis

Benestar Social

A Concellaría de Benestar Social propón liñas de actuacións conxuntas respecto á Lei de Dependencia

01/06/2006

A Concellaría de Benestar Social ven de elaborar un documento de traballo no que se recollen as conclusións do obradoiro "A cooperación entre organizacións de acción social. Os retos da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia", que se celebrou o 26 de abril de 2006 na Escola Galega da Administración Pública.

Ler máis

PATRIMONIO

Os traballos no Castelo da Rocha continuarán ata 2014

01/06/2006

Os traballos nas escavacións do Castelo da Rocha Forte continuarán previsiblemente ata o ano 2014. Así o anunciou o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na sinatura dun convenio entre esta entidade e a Universidade de Santiago para a continuación das actuacións neste 2006. Rematados estes labores, crearíase o parque arqueolóxico contemplado xa no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O acordo recolle actuacións por un orzamento de 150.000 euros, cos que se...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Conciencia cívica fronte ao botellón

01/06/2006

Fomentar a conciencia cívica dos máis novos nas noites de botellón é o obxectivo da campaña que, dende o venres 2 de xuño, poñen en marcha a Concellaría de Medio Ambiente e Urbaser, a empresa concesionaria da recollida do lixo. Máis alá das medidas sancionadoras, esta iniciativa aposta pola educación, coa fin de incitar aos mozos e mozas a que usen os colectores para depositar os restos do botellón.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Intensa semana científica e cultural en Fontiñas

01/06/2006

O Centro Sociocultural de Fontiñas celebra a quinta edición da súa Semana Cultural e faino cunha axenda chea de actos. Este ano, o obxectivo do Centro é achegar o mundo da ciencia aos distintos colectivos de idades, tal como apuntou a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, na presentación destas actividades.

Ler máis

EDUCACIÓN

Unha exposición mostra o traballo do CEE de Xordos

01/06/2006

O Departamento de Educación e Mocidade e o CEE de Xordos organizan conxuntamente unha mostra dos talleres e as actividades que desenvolve este centro educativo de Compostela, coa colaboración da Obra Social de Caixa Galicia. "Todos iguais, todos diferentes. Santiago cidade educadora" ten como obxectivo que a comunidade educativa de Santiago, as familias e o tecido empresarial de Compostela podan coñecer a oferta educativa e formativa deste equipamento educativo.

Ler máis
Compartir: