ALCALDÍA

Un grupo de enfermos de Párkinson conclúe a súa peregrinación solidaria

11/07/2007

Despois de percorrer case 1.100 quilómetros, chegou a Compostela a delegación encabezada por tres enfermos de Párkinson que fixeron o Camiño de Santiago pola Ruta do Azahar. Esta peregrinación solidaria en bicicleta pretende chamar a atención sobre esta enfermidade e recadar fondos para a Asociación Párkinson Internet (APANET).

Ler máis

URBANISMO

Principio de acordo para a futura estación do AVE

10/07/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse cos representantes da comisión de seguimento da implantación do AVE na Dirección Xeral de Ferrocarrís, na sede do Ministerio de Fomento, integrada polo director xeral de Ferrocarrís, Luis de Santiago Pérez e outros membros do seu departamento. Ao encontro acudiron tamén, por parte da Xunta, o director xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Ramón Lueje; a directora xeral de Transportes, Mar Chao; e, por parte do Concello de Santiago a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes...

Ler máis

FESTAS

A actriz galega Isabel Blanco será a pregoeira das festas do Apóstolo

10/07/2007

O programa de 2007 das Festas do Apóstolo abrangue 19 días de festa, preto de 70 actividades e presenta dous grandes concertos como o de Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina e o de Fito&Fitipaldis e Andrés Calamaro, ademais das actuacións de Soraya, Julieta Venegas, Orishas ou Estrella Morente.

Ler máis

REFORMA ADMINISTRATIVA

Máis servizos a través da Carpeta Cidadá da web municipal

09/07/2007

A Xunta de Goberno aprobou o inicio do procedemento de contratación do subministro de módulo software para a publicación de varios servizos a través da Carpeta Cidadá do portal web do Concello. Entre estes novos servizos estará a posibilidade de presentar ou consultar facturas ou consultar a información catastral.

Ler máis

EDUCACIÓN

Todos os centros de primaria terán comedores escolares no curso 2007-2008

09/07/2007

O servizo de comedor escolar estenderase a todos os centros de infantil e primaria da cidade, en virtude do convenio que asinarán en setembro a Consellería de Educación e o Concello de Santiago. Este acordo permitirá tamén desenvolver un programa de apoio e habilidades persoais e actividades deportivas fóra do horario lectivo.

Ler máis

URBANISMO

Saen a licitación as obras de urbanización do Sunp-5 da Muíña

09/07/2007

O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (Emuvissa), presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou en sesión ordinaria o prego de cláusulas administrativas particulares para a execución das obras de urbanización do polígono Sunp-5 da Muíña, na zona de San Lázaro.

Ler máis
Compartir: