CONSORCIO

A mostra "Rúas de Compostela. De onte a hoxe" supera as 2.000 visitas en mes e medio

18/11/2013

Caramoniña, Porta Faxeira, Conga, Pexigo de Arriba, son algunhas das 61 referenciadas na exposición Rúas de Compostela. De onte a hoxe, que se pode visitar ata finais de xaneiro na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Dende a súa apertura hai mes e medio superáronse as dúas mil visitas, o que dá unha media de 54 por día. "É unha asistencia moi boa que esperamos manter ata a súa clausura", segundo indica o seu comisario, Juan Conde Roa.

Ler máis

ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio disporá en 2014 de case 900.000 euros para promoción turística, patrimonio e actividades culturais

16/11/2013

A Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, aprobou en Salamanca o seu orzamento, que ascenderá a 890.000 euros en 2014 para promoción turística, conservación de patrimonio e actividades culturais. Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Toledo, Emiliano García-Page, acompañado do seu homólogo en Salamanca, Alfonso Fernández Mañueco, e da Executiva do Grupo. O alcalde...

Ler máis
Compartir: