XUNTA DE GOBERNO

O edificio da Tesourería da Seguridade Social na Acibechería albergará a Comisión de Coordinación do Ano Santo

01/12/2009

A Xunta de Goberno deu conta da autorización de ocupación temporal do antigo edificio da Tesourería Xeral da Seguridade Social para a ubicación da sede da Comisión de Coordinación do Ano Santo 2010. Na mesma sesión tamén se aprobou un convenio asinado coa Xunta para estender a cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) no municipio.

Ler máis

URBANISMO

UrbanLAB#1 achega solucións eficaces e sostibles ao desenvolvemento urbanístico

01/12/2009

A recentemente inaugurada Factoría Compostela (rúa da Conga, 9), acolle do 2 ao 4 de decembro UrbanLAB#1. Compostela como laboratorio urbano, un foro de debate aberto para a formación de profesionais e especialistas, e de calquera interesado en coñecer os mecanismos que definen o tecido urbano da cidade. Este laboratorio experimental contará con varios relatorios e debates en torno a temas como a cidade e os símbolos, a sustentabilidade creativa ou a identidade cultural e a globalización.

Ler máis
Compartir: