FACENDA

O Concello efectúa o pago de máis de 800.000 euros de subvencións nominativas e de concorrencia competitiva

05/02/2013

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, informou que se vén de pagar ás diferentes entidades sociais, culturais, deportivas, veciñais e empresariais da cidade as cantidades que lle correspondían por subvencións nominativas do exercicio 2012. En total, ingresáronse 820.000 euros, aos que hai que sumar outros 50.000 derivados das subvencións no marco do Pacto polo Emprego.

Ler máis

CULTURA

The Brew, por primeira vez en Compostela dentro do ciclo Blues Nite

05/02/2013

O ciclo Blues Nite presenta en concerto a The Brew, que están por primeira vez en Compostela. Será nun concerto na Zona C o mércores 6, a partir das 21:00 horas. Despois de The Brew estarán no Blues Nite, o 7 de maio, a divertida e desenfadada proposta dos mexicanos Mighty Calacas, fusionada co blues do que probablemente é a gran figura internacional do blues galego, o compostelán Marcos Coll.

Ler máis

TURISMO

Balance positivo da presenza de Turismo de Santiago en FITUR

04/02/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, para fixo balance da presenza de Santiago de Compostela en FITUR, cualificándoo de "moi positivo". Na feira, explicou, confirmáronse as expectativas en canto ao posicionamento de Santiago como destino cultural, gastronómico e relixioso, e como un destino cada vez máis atraínte para o turismo internacional.

Ler máis

PISTA DE XEO

Ultima fin de semana da pista de xeo, na que xa patinaron 14.000 persoas

02/02/2013

O Concello de Santiago non quixo que ninguén quedara se patinar na pista de xeo e por iso repartiu invitacións e organizou tres xornadas de portas abertas, destinadas fundamentalmente a entidades e colectivos que traballan con nenos. O recinto instalado na Alameda pecha esta fin de semana tras recibir 14.000 patinadores e 25.000 persoas en total.

Ler máis
Compartir: