CONSORCIO
O Consorcio realizará obras na igrexa de San Frutuoso
No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 117.524 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.
ALCALDÍA
Consenso entre Concello e organizacións cidadás para retomar o proxecto do Xardín Botánico
O alcalde de Santiago reuniuse este xoves con membros da comisión cidadá creada para impulsar o Xardín Botánico de Compostela, integrada polo Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. Xosé Sánchez Bugallo quere retomar este proxecto e crear un órgano de xestión para este espazo de 43.000 metros cadrados.
TURISMO
Arrinca a cuarta edición de "Compostela Ilustrada"
Este mediodía comezou a cuarta edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará ata o vindeiro domingo. Catorce ilustradores e ilustradoras estarán nas rúas para debuxar, nesta ocasión, a arquitectura contemporánea da cidade. Todo isto ao longo de catro xornadas nas que haberá obradoiros de rúa, exposicións, workshops e outras moitas actividades, entre as que destacan as Xornadas de Ilustración Urbana.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago reparará as cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario
No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario, por un importe global de 128.818,71 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.
CONSORCIO
A Real Filharmonía estrea este domingo a ópera galega "A amnesia de Clío", do compositor Fernando Buíde, baixo a batuta de Paul Daniel
A Real Filharmonía de Galicia estrea este domingo, 10 de novembro, a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde. Será no compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, onde se utilizará o foso e con todas as entradas xa esgotadas. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón da Coruña (20:30 h) e o 14 no Auditorio Municipal de Ourense (20:30 h, en versión concerto).
URBANISMO
O proxecto das hortas de Caramoniña, distinguido cun dos accésits do Premio Intervencións na Paisaxe, convocado pola Fundación Juana de Vega
O proxecto arquitectónico "Hortas de Caramoniña" recibiu hoxe o terceiro accésit do Premio Intervencións na Paisaxe, convocado pola Fundación Juana de Vega co obxectivo de por en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio. Realizado por Abalo Alonso Arquitectos, resolve unha topografía complexa con usos de hortas urbanas, enriquecendo un espazo comprendido entre o valioso parque de Bonaval e as edificacións circundantes.
TURISMO
Turismo de Santiago participa en Ámberes (Bélxica) nunhas xornadas da European Cities Marketing
Turismo de Santiago participa os días 7 e 8 de novembro nunhas xornadas especializadas dirixidas ás entidades de Promoción de Destinos Turísticos, organizada pola European Cities Marketing (ECM). A entidade municipal participa neste evento na súa calidade de membro da Comisión de City Marketing da ECM.
MOCIDADE
Volve o "Boas Noites" con propostas de lecer alternativo para os xoves e venres de novembro
Os xoves e venres de novembro volven contar por cuarto ano cunha oferta alternativa de lecer para a xuventude grazas ao programa Boas Noites, presentado esta mañá pola concelleira de Mocidade, Noa Díaz. Acompañouna na rolda de prensa Hadrián Rei, da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realizará obras na ermida de Agualada de Marantes
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mantemento da ermida de Nosa Señora das Angustias, en Agualada de Marantes, por un importe global de 29.645 euros. A empresa beneficiaria é Sergiu Alexandru Tatarcán. Prevese un período de execución de tres meses.
CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 75.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de novembro.