CONSORCIO

A violoncellista principal da Orquestra de RTVE, Suzana Stefanovic, formará a intérpretes noveis

13/12/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da violoncellista Suzana Stefanovic, os días 19 e 20 de decembro.

Ler máis

BENESTAR ANIMAL

En marcha un proxecto piloto para controlar as colonias felinas da cidade

12/12/2016

A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, presentou hoxe un proxecto piloto que ten como obxectivo controlar e diminuír as molestias que causan as colonias de gatos rueiros, ao tempo que se mellora a situación destes animais. Trátase dun programa que aplicará o método CES: Captura, Solta e Esterilización, e ao que se van destinar 11.000 euros. Esa partida abondará para esterilizar preto de 140 gatos e gatas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago pecha o Ano da Memoria coa presentación dun libro sobre o Estatuto do 36

12/12/2016

O alcalde presentou hoxe o libro 1936. O Estatuto esquecido, un libro publicado pola Editorial Guiverny que contou coa colaboración do Concello. Martiño Noriega explicou que "este volume vén pechar a celebración do Ano da Memoria, no que o Goberno compostelán quixo mostrar como era a nosa cidade antes de que a súa historia se vira alterada polo Golpe de Estado de 1936".

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A Cidade da Cultura acolle a xornada Getting Contacts

12/12/2016

A Cidade da Cultura acolle o luns 19 unha nova edición de Getting Contacts, xornada de encontro e intercambio empresarial, organizada polo Departamento de Promoción Económica do Concello de Santiago, co financiamento da Deputación de Coruña, dentro do programa Compostela Móvese. Está previsto que participen arredor de 100 empresas.

Ler máis

ALCALDÍA

A Corporación debaterá o xoves a municipalización da ORA e do guindastre

12/12/2016

O Pleno da Corporación debaterá na sesión ordinaria do próximo xoves a proposta para iniciar o procedemento de asunción directa da xestión do servizo da ORA e o guindastre a través de Tussa. Anunciouno hoxe o alcalde, que explicou que "deste xeito se producirá o último trámite administrativo para a remunicipalización do servizo, se así o estiman os grupos da Corporación municipal". Martiño Noriega mostrouse convencido "dos beneficios que terían esta xestión directa...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

10/12/2016

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros centros de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".

Ler máis

NADAL

O Belén de San Fiz recibiu 1.200 visitas no seu segundo día de apertura

10/12/2016

O alcalde visitou este sábado o Belén tradicional que o Concello instalou na igrexa de San Fiz por segundo ano consecutivo, e que abriu as súas portas o xoves. Martiño Noriega estivo acompañado polos concelleiros Marta Lois e Xan Duro, que puideron comprobar as melloras do Nacemento con respecto ao ano pasado: máis figuras e mellor iluminación. Así llo explicou durante a visita José Uzal, a persoa que cede o Belén e se encarga da súa montaxe.

Ler máis
Compartir: