DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Concello programa accións formativas de promoción da economía social e colaborativa

09/09/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou no Pazo de Raxoi as actividades formativas dedicadas á promoción da economía social que se realizarán ata o mes de decembro no marco de Compostela Móvese, programa que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

O Concello estuda novas medidas para mellorar a seguridade na avenida de Castelao

09/09/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da reunión que mantivo onte coa veciñanza do barrio de Vite, na que, entre outras cuestións, se abordou a seguridade viaria na Avenida de Castelao. Xan Duro explicou que os residentes solicitaron mudar a localización da parada de autobús das liñas 5 e 8, devolvéndoa ao lugar no que estaba orixinariamente. Deste xeito, facilitaríase cambiar a ubicación do paso de peóns no que nas últimas semanas se rexistraron dous atropelos.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Últimos días para participar na IX edición dos recuperados premios "Educacompostela"

08/09/2016

O venres 16 de setembro remata o prazo de presentación de traballos para optar aos premios Educacompostela na súa novena edición. A Concellaría de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperaron este certame despois de seis anos, co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O programa "Compostela Convive" dotará de recursos para a busca activa de emprego a persoas con especiais dificultades

08/09/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, o programa Compostela Convive, desenvolvido dende o Concello de Santiago e a devandita asociación. O obxectivo desta iniciativa é dotar de recursos na busca activa de emprego a persoas con especial necesidade, como poboación en risco de exclusión social ou inmigrante. A primeira actividade do programa será un Festival Intercultural, que se celebrará este...

Ler máis

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Case 200 nenos e nenas participaron no Programa Municipal de Conciliación de Verán

08/09/2016

O pasado xoves, 1 de setembro, comezou nos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación do Verán 2016. Un día antes do seu remate (mañá venres), o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiron uns minutos cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores e monitoras.

Ler máis

FACENDA

A conta xeral do exercicio 2015 reflicte unha mellora nos principais indicadores económicos do Concello de Santiago

08/09/2016

A concelleira de Economía e Facenda fixo unha valoración do informe da conta xeral de 2015 que levou esta mañá á Comisión de Facenda para o seu coñecemento e debate por parte dos voceiros dos grupos municipais. María Rozas destacou que o documento reflicte o incremento na liquidez, a redución da débeda por habitante e o incremento da solvencia a curto prazo.

Ler máis
Compartir: