EDUCACIÓN
Arranca o XXVI Certame de Teatro Intercentros no Teatro Principal
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado pola directora do Departamento de Educación, Beatriz Varela, e os coordinadores da iniciativa, Sagrario Torreiro e Daniel Baamonde, presentou hoxe en rolda de prensa o XXVI Certame de Teatro Intercentros que levará ao escenario do Teatro Principal entre o 9 e o 12 de maio, 11 espectáculos protagonizados polo alumnado de 6 institutos de educación secundaria, 2 centros de primaria, e polo Grupo de Danza Mandala.
ACCIÓN CULTURAL
A gala dos Premios Follas Novas premiará o mellor da literatura galega de 2021
A gala, que conta co apoio do Concello de Santiago, será presentada por AldaoLado coa participación do grupo Peña. Os premios renderán homenaxe ao escritor Xesús Alonso Montero, á libreira Mercedes Corbillón, e á escritora portuguesa Ana Luísa Amaral.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais abre o prazo de inscripción para as actividades do programa "Vive o verán 2022"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado polo concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou hoxe o primeiro bloque de actividades do programa "Vive o verán" que se desenvolverá ao longo do mes de xullo nos CSC de Santiago, e que está dirixido aos máis cativos da casa. En total, ofertarase un total de 942 prazas entre as iniciativas Cativadas de Verán, os Clubs de Verán e as Aulas de Creatividade.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Tarancón (Cuenca), última vítima de violencia machista.
Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e...
MOBILIDADE
O Concello de Santiago apoia as reivindicacións da plataforma de afectados polos horarios dos trenes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi a Reyes Abad e Cristina Fernández, en representación do grupo de usuarios de Renfe afectados polo funcionamento do servizo de media distancia. Este colectivo solicita a RENFE que as frecuencias dos trens poidan adaptarse ás necesidades reais dos usuarios en función da súa xornada laboral.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba ampliar ata maio de 2024 o prazo para presentar os Informes de Avaliación dos Edificios de máis de 50 anos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe ampliar ata o 20 de maio de 2024 o prazo máximo de presentación dos informes de Avaliación dos Edificios (IAE), para o caso dos edificios catalogados e o resto de edificios cunha antigüidade de mais de 50 anos. Foi un dos asuntos dos que informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en Rolda de prensa.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Vangardas que beben da tradición na 2ª edición do festival O QUE NON SE ESCRIBE
A próxima semana Santiago acolle de novo un festival único en Galicia. O QUE NON SE ESCRIBE porá o foco nos arquivos sonoros e a creación contemporánea a través dun programa que ofrece singulares propostas de música ao vivo pero tamén espazos de debate, divulgación, activismo cultural e aprendizaxe.