ALCALDÍA
Comeza o curso escolar con normalidade para preto de 7.000 alumnos e alumnas de infantil e primaria
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de inauguración do novo curso escolar de infantil e primaria, celebrado esta mañá no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, espazo compartido co CEIP López Ferreiro. No evento estiveron, ademais do alcalde, o edil de Educación, Manuel Dios; o director do CEIP, Xosé Ramón Carril; así como representantes dos grupos políticos en Raxoi, da Escola Municipal de Música, das escolas de Infantil e Primaria de Santiago e as ANPAS.
CONSORCIO
Últimos días para visitar na Casa do Cabido a exposición do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller
A exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto… reúne na Casa do Cabido, dende mediados do pasado mes de xullo, pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". O derradeiro día para visitala é o vindeiro venres, 14 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece este xoves un concerto gratuíto na praza Roxa
A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG iniciou este mércores un ciclo de concertos gratuítos, na súa maioría ao aire libre, en barrios emblemáticos da cidade, todos eles baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.
ALCALDÍA
O Ensanche vístese de festa os días 21 e 22 de setembro
Música, xogos populares, un torneo de xadrez ou o sorteo de cheques de compra nos comercios do barrio. Son algunhas das propostas das festas Vivindo o Ensanche, que se celebrarán os días 21 e 22 de setembro. O programa está organizado pola asociación veciñal Raigame e conta coa colaboración do Concello.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os tres asasinatos machistas acontecidos nos últimos días, que deixaron vítimas mortais en Borriol (Castellón), La Caridad (Asturias) e Madrid.
ALCALDÍA
O alcalde visita a Escola Infantil Municipal de Conxo no comezo do novo curso
O alcalde e o concelleiro de Educación e Cidadanía visitaron hoxe a Escola Infantil Municipal de Conxo, no comezo do novo curso escolar. Martiño Noriega e Manuel Dios comprobaron o resultado das actuacións de mellora levadas a cabo no centro durante este verán, nas que se investiron 25.000 euros.
DEPORTE
Arrinca unha nova edición do circuíto CorreSan coa tradicional proba polas rúas do casco histórico
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a primeira carreira da VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Nesta ocasión, o lema do circuíto é "Non é unha meta, é un destino" e conta con catro probas, ás que se lle suma a San Silvestre do 31 de decembro. Xunto á concelleira de Deporte estivo na rolda de prensa o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín, e o corredor gañador da edición do 2017, Amador Pena.
PATRIMONIO
"Más o menos inquietos", de Daniel Abreu, proposta escénica para Compostela da Noite do Patrimonio
O sábado 15 de setembro celébrase a Noite do Patrimonio, a gran festa simultánea coa que as 15 cidades Patrimonio da Humanidade conmemorará os 25 anos da creación do Grupo que as ampara. Unha das propostas para esta xornada é o programa Escena Patrimonio, con representacións de danza e teatro contemporáneo en cada unha das cidades. No caso de Santiago de Compostela, a cita é ás 21:00 horas, na praza da Quintana, coa posta en escena de Más o menos inquietos, de Daniel Abreu, Premio Nacional.../em>
POLÍTICAS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo
A Tropa Verde vén de poñer en marcha unha colaboración coa entidade NormalizAutismo Galicia, promovendo un sorteo de convites para o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, que se celebrará o próximo 26 de setembro na Sala Capitol. Para participar é preciso ser socio ou socia da Tropa Verde e seguir á entidade NormalizAutismo na súa páxina de Facebook.
COMERCIO
Nace a convocatoria de axudas "Coidar para mellorar" con 40.000 euros para a mellora e innovación do pequeno comercio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deron conta esta mañá da convocatoria de axudas para a mellora e innovación do comercio local para o ano 2018, que nace cunha nova marca denominada "Coidar para mellorar, mellorar para coidar".