MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os máis novos sensibilízanse sobre os incendios forestais
Unha visita ao monte Pedroso puxo fin ao programa de actividades de educación ambiental que, dende o 23 de decembro, puxeron en marcha as concellarías de Medio Ambiente e Centros Socioculturais. O obxectivo desta última actividade era concienciar aos nenos e nenas composteláns sobre a problemática dos incendios forestais.
VÍAS E OBRAS
O alcalde e os veciños da Gracia visitaron as obras realizadas na parroquia
Xosé A. Sánchez Bugallo realizou unha visita á parroquia da Graza para percorrer cos veciños as obras de saneamento, as melloras nos viais e o novo alumeado público.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Pola paz, contra o terrorismo
O Goberno municipal uniuse á concentración polo terrorismo organizada pola Asociación de inmigrantes Gondwana e celebrada na Praza do Toural, o mesmo día da concentración convocada en Madrid pola Federación Nacional de Asociacións Ecuatorianas de España (FENADEE), co apoio dos sindicatos UGT e CC.OO.
PLAN ESTRATÉXICO
Sánchez Bugallo: " O Plan Estratéxico incorporarase como eixo fundamental da actividade do Goberno"
O Consello Económico e Social acollerá o luns 15 a presentación das conclusións do Plan Estratéxico da cidade de Santiago de Compostela. Afróntase deste xeito un dos últimos pasos para o remate da primeira fase deste proxecto. Quedará un período de consulta cos axentes sociais e aprobación do documento definitivo, no que xa se incorporarán medidas a adoptar en cada un dos apartados.
ALCALDÍA
O campo de golf de Bando disporá dunha superficie de medio millón de metros cadrados
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Xunta de Goberno do luns 15 adxudicará a redacción do Plan de sectorización do Sund-39 (Campo de Bando). Nesta superficie construirase un campo de golf para o que se reserva medio millón de metros cadrados. Tamén se levantarán 308 vivendas, diversas dotacións deportivas, hostaleiras e sociais, e unha estación depuradora de auga soterrada.
TRANSPORTES
A Estación de Autobuses estrea novas cores e rede wi-fi
A dársena da Estación de Autobuses adáptase ás novas tecnoloxías e dispón xa dunha rede wi-fi (wireless fidelity) á disposición dos seus usuarios. Esta novidade, ademais dun novo teito cheo de cores, foi presentada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Presentadas cinco novas empresas nacidas a partires de Equal Compostela Social
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou cinco novas empresas creadas no marco do Proxecto Equal Compostela Social. Son a axencia gráfica AG Innova, o comercio de xoiería, bixutería e complementos Andreia, a sociedade de xestión de cobros impagados A1 Cobros, a empresa de servizos de xestión cultural Darredor. Deseño cultural e a xoiería artesá Katuxa Platero Seoane.
CULTURA
"Corpos disidentes": teatro conceptual no Principal
A performance, o teatro, a danza e o audiovisual mestúranse no espectáculo "Corpos disidentes", que se estrea o 12 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Esta arriscada proposta faina realidade unha nova compañía, Nut Teatro, dirixida por Carlos Neira.
CONSORCIO
Un repaso a catro séculos do mosteiro de San Paio
O mosteiro de San Paio acolleu a presentación dunha nova publicación, editada polo Consorcio, que recorda a historia das súas moradoras durante catro séculos. O libro titúlase "Informaciones de las monjas que habitaron en el Monasterio de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela desde 1499 a 1899" e foi realizado pola Madre María Mercedes Buján Rodríguez.
SOLIDARIEDADE
Concentración contra o terrorismo
A Asociación de inmigrantes Gondwana apoiada pola Concellaría de Emigración e Inmigración do Concello de Santiago convocan unha concentración de aopio á manifestación de Madrid.