POLÍTICAS SOCIAIS
Preséntase o programa "O barrio accesible: comercio TEAtende", que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade cognitiva e reforzar o comercio de proximidade
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; a coordinadora de programas da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto; e a responsable da Área de accesibilidade cognitiva da entidade, Adriana García, presentaron o proxecto "O barrio accesible: comercio TEAtende"; que ten como obxectivo facilitar o acceso ao comercio de proximidade das persoas con Transtorno do Espectro do Autismo (TEA) e con diversidade funcional.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle o 4 e 5 de decembro o "III Concurso de Canto Compostela Lírica"
O Teatro Principal acolle, mañá venres, día 4; e o sábado, día 5 de decembro, o "III Concurso de Canto Compostela Lírica", presentado hoxe pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e por Jesús Couceiro, presidente da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, organizadora do evento.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na localidade de Gondomar, vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
Bando do alcalde sobre o uso peonil de varias rúas do Ensanche este Nadal
Con data do 7 de maio mediante un bando desta Alcaldía acordouse o uso peonil durante as fins de semana das rúas de maior afluencia do Ensanche, co obxectivo de facilitar a mobilidade nesta crise sanitaria e de garantir o distanciamento necesario para evitar o risco de contaxio.
SEGURIDADE CIDADÁ
Recepción aos novos policías locais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Gonzalo Muíños, recibiu os novos once integrantes da Policía local, nun acto no que tamén estivo presente o xefe do corpo, José Ramón Dieste.
FESTAS
Este venres arranca o Nadal en Compostela con actividades para todos os públicos
O máis atípido dos nadais arranca este venres 4 de decembro cun programa cargado de actividades para todos os públicos. Presentárono o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, en rolda de prensa.
TURISMO
O Concello e a Asociación Hostelería Compostela pechan as bases para que o sector poida solicitar as axudas para o financiamento do gasto corrente
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron unha xuntanza na mañá de hoxe coa Asociación Hostelería Compostela co obxectivo de preparar a convocatoria da primeira axuda de 1.600.000 euros destinada a financiar o gasto corrente dos negocios de hostalería e restauración que se acollan a ela.
ALCALDÍA
O alcalde fai un chamamento ao uso prudente das posibilidades que se abren trala flexibilización das medidas restritivas en Santiago
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, queixo reiterar o chamado á responsabilidade de toda a cidadanía unha vez entren en vigor as novas medidas anunciadas para Santiago pola Xunta de Galicia, que virían flexiblizar as vixentes ata o de agora e que determinaban o peche perimetral do municipio e o funcionamento dos negocios de hostalería só para consumir fóra do establecemento, entre outras.
DEPORTES
A Ciclocross Cidade de Santiago reunirá o 8 de decembro no estadio Verónica Boquete a máis de 300 participantes
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; e Luis Neira Fontao, presidente do Club Ciclista Compostelano, presentaron a XIX Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrará no estadio Vero Boquete (antigo estadio de San Lázaro), o vindeiro martes, 8 de decembro, a partir das dez da mañá. Unha proba clásica, destacou Esther Pedrosa, que "ten moita tradición na cidade", na que participarán unhas 300 persoas, "aínda que non pode haber público" en cumprimento das medidas anticovid.
DEPORTES
O pavillón do Restollal acollerá o 5 de decembro o Campionato Galego Infantil de Karate, no que participan 137 karatekas de entre 5 e 13 anos
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; e o presidente da Federación Galega de Kárate e D.A. (Disciplinas Asociadas), Óscar Lafuente López, presentaron o Campionato Galego Infantil de Kárate, que se vai celebrar o día 5 de decembro, sen presenza de público, no pavillón municipal do Restollal. A concelleira destacou o número de participantes inscritos, 137, procedentes de 20 clubs que competirán, a nivel individual, nas modalidades de kata e kumite.