IGUALDADE
Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas neste 25N e pide a implicación da cidadanía
A poucos días do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago faise un chamamento á participación de toda a cidadanía na campaña Compostela en Negro, que volverá tinguir a cidade de negro para denunciar a problemática das violencias machistas. En Compostela haberá unha acción específica este ano dirixida ao tecido empresarial compostelán coa colaboración da Asociación Empresarial do Polígono...
ALCALDÍA
Compostela conmemora o Día Mundial da Diabetes
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a carpa instalada na praza do Toural con motivo do Día Mundial contra a Diabetes pola Asociación Compostelá de Diabéticos.
TURISMO
Arrincou a XII edición de Santiago(é)Tapas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e outros/as integrantes da Corporación asistiron este venres no Restaurante TS A Casa ao comezo da XII edición do Santiago(é)Tapas e da I edición do Santiago(é)Coctel. Un total de 77 locais – a cifra máis alta dende que comezou o concurso – competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así.../em>
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realizará obras de mantemento na igrexa de San Caetano
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mantemento da igrexa de San Caetano, por un importe global de 19.758,63 euros. A empresa beneficiaria é Cíes Obra Civil, S.L. Prevese un período de execución de dous meses.
ALCALDÍA
Concello de Santiago e ONCE exploran vías de colaboración en materia de supresión de barreiras
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este mércores co delegado territorial de Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan, e co director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.
ALCALDÍA
O Concello duplica a súa achega á Cámara de Comercio de Santiago
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra, asinaron este mércores un convenio de colaboración polo que o Concello achega 30.000 euros á entidade para financiar parte dos gastos dos servizos que esta ten en marcha.
ALCALDÍA
Compostela acollerá en outubro de 2021 a xuntanza anual da Federación Española de Alumni
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este mércores a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC), Benita Silva Hermo, e un dos seus vogais, Manuel Fraga Carou.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local resolve a convocatoria das bolsas de comedor
Nunha sesión extraordinaria celebrada este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2019/2020.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio entregará este venres a Paradores o seu Premio anual
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participará este sábado 16 de novembro en Ibiza/Eivissa na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Un día antes, celebrarase a Comisión Executiva e o acto de entrega do Premio Patrimonio 2019, que este ano recaeu en Paradores de Turismo.
ALCALDÍA
Reunión de Sánchez Bugallo cos presidentes da Federación Galega de Comercio e de Comercio Punto Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes co presidente da asociación Comercio Punto Compostela, José Antonio Seijas, e co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.