ALCALDÍA E DEPORTE
Máis de 800 xadrecistas cadetes participarán en Santiago de Compostela no Mundial de Xadrez sub 8, sub 10 e sub 12
A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do mundial cadete de xadrez, que acolle a nosa cidade do 3 ao 16 de novembro deste ano e que reunirá aos mellores e as mellores xadrecistas sub 8, sub 10 e sub 12 do mundo. Na rolda estiveron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e os presidentes das Federacións Galega e Española de Xadrez, Gaspar Pérez e Javier Ochoa.
ECONOMÍA E FACENDA
Este martes remata o prazo para votar nos orzamentos participativos "Compostela Decide 2019"
Quedan poucas horas para votar nos orzamentos participativos: mañá martes 16 de outubro ás 23:59 remata o prazo para decidir que propostas cidadás se incorporan ao borrador do orzamento municipal de 2019.
CONSORCIO
O prestixioso frautista italiano Davide Formisano formará neste instrumento a intérpretes galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o recoñecido frautista italiano Davide Formisano formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación coa frauta.
CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos de Santa Marta, Sar e Nemenzo acollen de novo os "Espazos das Familias" tras o éxito da anterior edición
Ata o próximo día 18 está aberto o prazo de inscrición para participar nos "Espazos das Familias", unha proposta da rede de Centros Cívicos dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe esta actividade, "que se volve programar despois do éxito conseguido o ano pasado con esta proposta". A actividade desenvolverase nos centros de Santa Marta, Sar e Nemenzo.
ALCALDÍA
Volve "Compostela Ilustrada", coa presenza de máis dunha ducia de artistas que retratarán a natureza urbana da cidade
Javier Mariscal, Ana Luisa Frazao, Juan Linares, Carlos Silvar ou Joaquín González Dorao. Son algúns dos debuxantes que participarán no III Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará do 8 ao 11 de novembro baixo o lema "Natureza urbana". O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director do encontro, Miguelanxo Prado; a coordinadora das Xornadas de Ilustración, Gemma Sesar, e a vicepresidenta da Deputación da...
ACCIÓN CULTURAL
O XXIII Festival Galicreques ofrecerá máis de 50 funcións da man de 23 compañías internacionais procedentes de Arxentina, Colombia, México ou Portugal
O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 50 funcións repartidas pola cidade, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela un total de 23 compañías procedentes de Arxentina, Brasil, Portugal ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado. Así o explicou hoxe o director...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno destina máis de 630.000 euros a convenios con entidades sociais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a sinatura de cadanseu convenio con vinte entidades sociais, aos que se destinarán un total de 632.000 euros. Ademais, recibiron luz verde as subvencións para actividades de fomento da igualdade das mulleres e do colectivo LGTBI, que supoñen unha contía total de máis de 22.000 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os centros escolares profundizarán na figura de Federico García Lorca cunha unidade didáctica
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe unha nova unidade didáctica elaborada polo Concello co gallo do 25 de outubro, día no que Federico García Lorca chegou a Compostela. Na rolda estivo acompañado polo autor dos textos da unidade e editor, Henrique Alvarellos.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a instalación da nova sinalización do rural
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato para a instalación de nova sinalización vertical no ámbito rural de Compostela. Trátase dunha proposta xurdida ao abeiro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se van destinar máis de 50.000 euros.
CENTROS CÍVICOS
Ampliado o prazo de preinscrición nas actividades dos Centros Cívicos
A concellería de Centros Cívicos vén de acordar unha ampliación do prazo de preinscrición nas actividades da rede, ata o próximo día 18 de outubro. Deste xeito, preténdese facilitar a realización do trámite por parte da veciñanza, tendo en conta a ponte festiva.