EDUCACIÓN

Obradoiro de jazz na Escola Municipal de Música

18/04/2008

A Escola Municipal de Música acolle un obradoiro de jazz, co obxectivo de familiarizar aos asistentes coa montaxe dun tema deste estilo musical. Celebrarase os días 22 de maio, de 16:00 a 20:00 horas, e 24 de maio, de 10:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición remata o 20 de maio.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago, galardoada polo fomento da arquitectura na súa xestión urbanística

18/04/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu en León o premio ARQAno ao fomento da Arquitectura 2007, que conceden os Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Nun acto celebrado da sede desta entidade, o Concello de Santiago foi recoñecido pola súa "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".

Ler máis

COMERCIO

Autobuses gratuítos para asisitir a Compostela Outlet

18/04/2008

A organización fletará autobuses gratuitos para facilitar o desprazamento daquelas persoas que desexen asistir á segunda edición de Compostela Outlet, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo os días 26 e 27 de abril.

Ler máis

ALCALDÍA

Unha Comisión elixirá o proxecto para a remodelación da praza de Galicia

17/04/2008

Unha Comisión será a encargada de estudar os anteproxectos gañadores do concurso de ideas para a remodelación da praza de Galicia, co fin de propoñer o máis idóneo nun prazo de dous meses. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen adiantou tamén que todos os cidadáns poderán tamén achegar as súas suxestións a través desta web.

Ler máis

UMAD

Cincocentos escolares asistirán á obra de teatro sobre prevención de drogas "Pisa la raya"

17/04/2008

O espectáculo teatral Pisa la raya, da compañía Pikor Teatro, pechará o venres 18 o programa de prevención en drogodependencias Non pasa nada, ¿pasa algo?, promovido pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) e desenvolvido ao longo do curso escolar 2007-08 entre estudantes de 4º da ESO. Uns 500 alumnos de oito colexios asistirán ás dúas representacións da obra no Teatro Principal, ás 10 e ás 12. O primeiro pase contará coa presenza da concelleira de...

Ler máis

COMERCIO

As conferencias sobre comercio organizadas por Promoción Económica rematan cunha charla sobre axudas á innovación

17/04/2008

A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acolle o venres, 18 de abril, de 20:00 a 21:30 horas, a última charla do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo dentro das actividades de Marzo, mes co comercio. A charla sobre Axudas á innovación no pequeno comercio será impartida polo subdirector xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria,...

Ler máis
Compartir: