DEPORTES
Algúns dos mellores xogadores do mundo de squash compiten xa na pista de Área Central
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, mantiveron en Raxoi un encontro cos participantes no Torneo Internacional de Squash PSA "Camiño de Santiago". A competición, celébrase ata o sábado 20 de outubro na pista de cristal instalada en Área Central.
ALCALDÍA
Compostela acolle o maior evento realizado en España sobre o software libre cun enfoque profesional e empresarial
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes na Libre Software World Conference 2012, que se celebra na Cidade da Cultura os días 18 e 19 de outubro.
FACENDA
A participación nos ingresos do Estado increméntase para Santiago de Compostela en case tres millóns de euros
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que a participación nos ingresos do Estado (PIE) en 2013 incrementarase para o Concello de Santiago en 2.903.703 euros, un 14% máis que en 2012. Esta achega é a maior dende 2009 e permitirá compensa en boa medida as subas do IPC e do IVA que deben asumir as arcas municipais.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello e a Asociación de Escritores en Lingua Galega colaboran na organización de actividades para a promoción da literatura
Froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, convócase para os vindeiros meses un Obradoiro de escrita creativa e dous Paseos literarios por Compostela que estarán guiados por membros da Asociación de Escritores.
TURISMO
Unha delegación do Ministerio de Turismo de Israel visita o Concello
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu no Pazo de Raxoi a representantes do Ministerio de Turismo de Israel, que están en Galicia para coñecer de primeira man os modos de promoción do Camiño de Santiago, para aplicalos á Ruta do Evanxeo.
XUVENTUDE
Comeza o Curso de Iniciación ao Cómic organizado pola Concellería de Xuventude
A Concellería de Xuventude pon en marcha un Curso de Iniciación ao Cómic. Esta convocatoria responde a unha demanda das asociacións xuvenís e estudantes dos centros de ensino, que atopan no cómic unha temática que pode axudar á súa formación e a unha mellor ocupación do seu tempo libre.
ALCALDÍA
A nova estación intermodal do Hórreo responderá ás necesidades da cidade e ás condicións reais de mobilidade da zona
Unha solución adaptada ás necesidades de hoxe de Compostela. Este será o obxectivo sobre o cal traballará a comisión técnica constituída en Raxoi entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para a definición das características que deberá reunir a futura estación intermodal de Santiago, segundo anunciou o alcalde, Ángel Currás, ao remate da reunión entre as tres Administracións celebrada en Raxoi.
INFRAESTRUTURAS
Satisfacción municipal pola fluidez no tráfico a raíz da apertura das glorietas das Cancelas
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, asistiu á sinatura da acta de recepción das obras das dúas glorietas construídas no entorno do futuro centro comercial das Cancelas. Ambas, xa en funcionamento dende hai unhas semanas, supuxeron unha considerable mellora da circulación viaria na zona.
CULTURA
As Xornadas de Música Contemporánea programan 13 concertos en diferentes espazos da cidade do 23 ao 31 de outubro
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou no Auditorio de Galicia as Xornadas de Música Contemporánea que se celebrarán do 23 ao 31 de outubro en diferentes lugares da cidade. Na presentación estivo acompañado de representantes das outras institucións que coorganizan e colaboran na actividade: o director do CGAC, Miguel von Hafe; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, Francisco...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornada sobre micoloxía no CSC de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova Xornada Micolóxica o sábado 20 de outubro. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.