ORZAMENTOS
A concelleira de Facenda anuncia un orzamento expansivo, social e máis inversor
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que o orzamento municipal de 2014 estará listo para a súa aprobación inicial polo Pleno nos últimos días de decembro ou nos primeiros de xaneiro. As contas achegaranse no vindeiro exercicio aos 100 millóns de euros.
COMERCIO
O recinto feiral de Amio acolle un dos maiores parques de atraccións de Nadal do 21 de decembro ao 4 de xaneiro
A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou a segunda edición de Santiagolandia, un parque de atraccións de Nadal que estará instalado do 21 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto feiral de Amio. O evento aumenta o número de días de apertura, coa previsión de superar os 10.000 visitantes de 2012.
URBANISMO
Iníciase a cuarta fase de obras no Ensanche, sen cortes previstos en horario comercial durante estas semanas de Nadal
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do estado das obras da cuarta fase de intervencións en rúas do Ensanche. Adiantou que a partir das 16:00 horas deste mércores, quedarán abertas todas as rúas desta parte da cidade, unha vez se abran República do Salvador (entre Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas) e Frei Rosendo Salvado (entre Santiago de Chile e Romero Donallo). Indicou que non haberá cortes en horario comercial durante estas semanas do Nadal.
MOBILIDADE
Alumnos de Xeografía coñecen o funcionamento da sociedade municipal de xestión do transporte urbano
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibiu os alumnos da Facultade de Xeografía, que realizaron unha visita ás instalacións de TUSSA para coñecer o funcionamento da sociedade municipal de transporte urbano.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Últimas sesións de "Imos ao baile"
Este sábado 21 de decembro celebraranse as dúas ultimas citas deste ano 2013 do programa Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.
ALCALDÍA
O alcalde felicitou o Nadal aos composteláns
O salón vermello de Raxoi acolleu a tradicional recepción de Nadal á cidadanía de Santiago, a través da cal o alcalde, Ángel Currás, felicitou as festas aos composteláns.
PARQUES E XARDÍNS
O renovado estanque da Alameda gaña presenza no conxunto do parque
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Sostibilidade, María Pardo, visitaron as obras realizadas no estanque da Alameda. O renovado espazo xa se atopa aberto ao público, tras realizarse un investimento de 98.600 euros máis IVE.
TURISMO
Área Santiago encara o 2014 co obxectivo de constituírse como agrupación e de crear novos produtos turísticos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu no Auditorio de Galicia a xuntanza de alcaldes da Área Santiago. Na reunión fíxose balance do realizado ao longo de 2013 e formuláronse as principais liñas de traballo para o novo exercicio, no que Área Santiago se constituirá como agrupación e no que se prevé crear novos produtos turísticos.
CULTURA
O tenor José Ferrero abre os concertos dunha nova edición de Todo Lírica
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou en rolda de prensa o programa de concertos de Todo Lírica. Nesta edición contará con tres concertos: o 19 e 27 de decembro e o 4 de xaneiro.
EDUCACIÓN
Continúa aberta a inscrición no programa de conciliación de Nadal promovido pola Concellería de Educación
Continúa aberto durante uns días máis o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2013. A iniciativa comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán nos CEIP Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O programa realizarase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, coa excepción dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro.