CULTURA

The Godfathers chegan ao Compostela Rock co Jukebox Fury Spanish Tour

15/02/2013

Os londinienses The Godfathers chegan a Santiago co seu dentro do ciclo Compostela Rock. Será este sábado 16, a partir das 21:00 horas, na Fundación Autor/SGAE. Xa están á venda as entradas a 15 euros + gastos de distribución anticipada, e a 18 euros na billeteira e poden mercarse en Ticketea, Ticketmaster, A Reixa Tenda e na billeteira do Teatro Principal. O seguinte concerto do ciclo Compostela Rock será cos valisoletanos Arizona Baby e os portugueses The Jigsaw, o venres 1 de marzo, na Sala Capitol.

Ler máis

TURISMO

Cita en Amio para os amantes dos automóbiles e motocicletas de época

15/02/2013

Os concelleiros Reyes Leis, Luis Bello e Adrián Varela asistiron á apertura da terceira edición de Retro Auto&Moto Galicia, que se celebra no recinto feiral de Amio do 15 ao 17 de febreiro. A organización agarda o paso dunhas 20.000 persoas por esta feira, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela" volve con 17 novas rutas en febreiro, marzo e abril

14/02/2013

Volve Cultura Viva. Fai túa Compostela, tras o éxito da primeira entrega do programa en 2012. Para os meses de febreiro, marzo e abril, a Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais preparou 17 rutas (35 ata xuño) polo patrimonio, a historia, a arte, a artesanía e a natureza de Santiago. Nesta nova convocatoria, e tal como anunciara o concelleiro Francisco Noya, incorpóranse as parroquias do rural a estes percorridos.

Ler máis

CONSORCIO

Unha nova publicación do Consorcio afonda na historia compostelá do XIX a partir da visita de Isabel II en 1858

13/02/2013

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A visita de Isabel II a Galicia en 1858, de Margarita Barral, editado polo Consorcio e a editorial Sotelo Blanco. Esta nova publicación afonda na historia compostelá do século XIX, analizando una acontecemento relevante como foi a visita real a Galicia de 1858. Este feito concreto serve para falar no concepto de "nation building", que dende comezos do século XIX os gobernantes españois querían introducir entre a poboación.

Ler máis

CULTURA

Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza

13/02/2013

Voadora (José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres) ofrecen a estrea absoluta de Waltz, dentro do ciclo Teatro & Danza, o xoves 14 de febreiro, na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou na propia Zona C os días de evento a partir das 18:00 horas.

Ler máis
Compartir: