XUNTA DE GOBERNO
O Goberno acorda resolver o contrato para a construción dunha área de servizo na Rocha
A Xunta de Goberno acordou hoxe resolver o contrato que o Concello mantiña con Repsol para a construción e xestión dunha área de servizo na Rocha, e outorgarlle á empresa un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere oportunas. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o contrato foi formalizado en 1999, e dende entón non se deron os pasos necesarios para darlle cumprimento ao acordo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os centros escolares de Compostela celebrarán un ano máis o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe das actividades que se desenvolverán nos colexios de infantil e primaria de Compostela ao abeiro do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebrará o 30 de xaneiro.
PLENO
Aprobado o estudo de detalle para a rehabilitación dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga e Compostela
O Pleno da Corporación aprobou hoxe, de forma definitiva, o estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga e Compostela, no barrio de Pontepedriña. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, lembrou que "este trámite permitirá iniciar o procedemento para a instalación de ascensores nos edificios, máis dunha década despois da declaración da Área de Rehabilitación Integral do barrio".
CONSORCIO
A Casa do Cabido reúne esculturas de Salvador GB Pereira realizadas con materiais reciclados
A Casa do Cabido acolle a exposición Nun recuncho de ningures, que reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU
ACCIÓN CULTURAL
Vinte e cinco espectáculos na programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para este 2019
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación de Artes Escénicas para 2019. Fíxoo no escenario do Teatro Principal, acompañada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López. Ademais, participaron tamén na presentación representantes das catro compañías que estrean obra dentro deste...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese o ciclo de concertos da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria
O xoves 24 de xaneiro celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso no marco de colaboración existente entre o Concello e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participará os/as alumnos/as de clarinete María Caneda, Antón Pontevedra e Nerea Botana, co acompañamento do seu mestre Pablo Pascual.
ACCIÓN CULTURAL
"Perencontro", de Alejandra Pombo, o novo proxecto que se pode ver na Zona C
Este mércores, ás 19:30 horas, abre na Zona "C" a intervención Perencontro, da artista compostelá Alejandra Pombo. No acto inaugural estarán presentes o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López González; a artista Alejandra Pombo, e o artista convidado Josu Bilbao.
A Zona "C" (Bonaval, nº 1) acolle a última das intervencións seleccionadas baixo a denominación de Proxectos de intervención artística e que vén de nutrir a.../em>
DEPORTE
Santa Isabel acolle este sábado o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas
O pavillón municipal de Santa Isabel acollerá este sábado, 19 de xaneiro, o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas, nas modalidades de loita libre olímpica, loita feminina e grecorromana. Participarán 138 deportistas de 14 equipos procedentes das catro provincias galegas.
ACCIÓN CULTURAL
Concertos para maiores e unha actuación en Braga, no primeiro trimestre da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá máis dunha ducia de concertos no primeiro trimestre deste ano. Ademais das actuacións habituais no Teatro Principal, a formación visitará as residencias de maiores da cidade e estará en Braga grazas á colaboración co grupo Canto Daquí.
FACENDA
O alumnado do IES Xelmírez coñece o proceso de elaboración dos orzamentos da man de María Rozas
O alumnado do IES Xelmírez I mantivo hoxe un encontro coa concelleira de Economía e Facenda para coñecer como é o proceso de elaboración dos orzamentos municipais. María Rozas recibiu unha trintena de alumnos e alumnas do centro, interesados tamén en afondar no proxecto de orzamentos participativos que vén desenvolvendo o Goberno local.