ALCALDÍA

O Concello solicita a Adif que se faga cargo da reparación e mantemento da pista de acceso á estación da Susana (Marrozos)

21/02/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, mantiveron unha reunión co xerente da Área de Servizos Loxísticos do Noroeste de Adif, Nicanor Álvarez; coa súa delegada de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia, Celina Matías; e co seu xefe de Patrimonio, Víctor Alonso, para falar da situación da pista que dá acceso á estación da Susana, na parroquia de Marrozos, dende a estrada AC-960. Acordouse o estudo e posterior sinatura dun convenio, xa redactado...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello reactiva o Centro de Interpretación de Belvís

21/02/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria aprobou a adxudicación do servizo de organización de actividades no Centro de Interpretación do Medio Urbano e Natural de Belvís. Ademais, deu o visto bo á adhesión do Concello a un convenio entre a FEMP e diversas entidades de crédito para a creación dun fondo social de vivendas.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Normalización Lingüística únese ás celebracións con motivo do Día Internacional da Lingua Materna

21/02/2013

A Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Santiago, sumouse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola UNESCO en 1999 para promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias e, deste xeito, salvagardar a diversidade lingüística mundial. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na celebración central desta efeméride, en Arteixo, e posteriormente noutro acto realizado no CEIP López...

Ler máis

CULTURA

Ana Moura presenta o seu novo disco, "Desfado", dentro do ciclo Sons’13

21/02/2013

A fadista Ana Moura chega a Compostela para presentarnos o seu último traballo, Desfado, dentro do ciclo Sons’13. Será o venres 22 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Despois de Ana Moura teremos no ciclo a Amancio Prada presentando ‘3 Libertarios’ o sábado 2 de marzo no Teatro Principal.

Ler máis

DEPORTES

Santa Isabel acollerá o primeiro partido oficial de fútbol americano en Santiago

20/02/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o partido de fútbol americano que disputarán os Black Ravens, de Santiago, e os Warriors, da cidade portuguesa de Braga, o domingo 24 de febreiro, ás 16:00 horas, no Campo Municipal de Santa Isabel. Este será o primeiro partido oficial desta modalidade deportiva que se dispute na cidade.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello e a certificadora de calidade EQA organizan dúas xornadas formativas

20/02/2013

A concelleira de Medio Ambiente, Obras, Infraestruturas, Benestar e Emprego, María Castelao, presentou dúas xornadas de formación que o Concello realizará en colaboración coa certificadora de calidade EQA. Denomínanse Operadores/as de carretillas elevadoras. Nova norma para a acreditación da formación: UNE 58451:2012 e Cálculo e certificación da pegada de carbono.

Ler máis
Compartir: