FESTAS

As Festas do Apóstolo, fieis á súa cita co ensalzamento do traxe galego

23/07/2013

Unha das citas tradicionais das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, que alcanzará a súa XXXV edición o sábado 27 de xullo. O concelleiro de Festas, Francisco Noya; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Cristina Mosquera; e o director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés (firma colaboradora), José Antonio Blanco, presentaron o programa desta xornada.

Ler máis

FESTAS

O folk e o teatro infantil protagonizaron a segunda xornada das Festas do Apóstolo

23/07/2013

A segunda xornada das Festas do Apóstolo tivo como protagonista principal o folk e como punto de referencia a praza da Quintana. Alí celebrouse o II Certame Folk, organizado por La Voz de Galicia, coas actuacións de Berrogüetto, Tanto Nos Tén e Os D'abaixo. Ademais, no Salón Teatro, cheo absoluto na sesión de teatro infantil coa obra Fíos.

Ler máis

ALCALDÍA

BioSpain 2014 converterá Santiago nun foco de atención internacional no sector biotecnolóxico e da investigación sanitaria

22/07/2013

O Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade acolleu o acto de sinatura do convenio de colaboración para a organización da Feira Internacional de Biotecnoloxía Española (BioSpain 2014), que terá lugar os días 1 ao 3 de outubro de 2014 en Santiago de Compostela. O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na firma deste acordo.

Ler máis

XUVENTUDE

Dezaseis voluntarios lingüísticos ofrecerán unha axuda básica a turistas e peregrinos durante as Festas do Apóstolo

22/07/2013

Un acordo entre o Concello de Santiago, o Grupo PREMIR e a Asociación Hostalería Compostela permitirá que, a partir deste luns 22 e durante as Festas do Apóstolo, peregrinos e turistas reciban información básica a cargo de 16 voluntarios lingüísticos. Os voluntarios con mellor nivel estarán tamén localizables para aqueles hostaleiros que precisen axuda.

Ler máis

FESTAS

Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia protagonizarán a Xornada de Folclore nas Festas do Apóstolo

22/07/2013

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou en rolda de prensa a Xornada de Folclore, que se celebrará o venres 26 de xullo, a partir das 21:30 horas, na praza da Quintana. Acompañaron ao edil representantes do catro grupo participantes nesta edición –Ultreia, Colexiata do Sar, Cantigas e Agarimos e Brincadeira- e o xerente do Centro Comercial As Cancelas (firma colaboradora), Abraham Cano.

Ler máis

TURISMO

Área Santiago presenta a imaxe da súa campaña promocional "Moi cerca de Santiago... Sorpréndete!"

22/07/2013

O Grupo Área Santiago presentou a imaxe da campaña promocional que desenvolverá en agosto baixo o lema "Moi cerca de Santiago... Sorpréndete!". O acto de presentación tivo lugar na oficina de información de Turismo de Santiago, onde representantes políticos e técnicos dos concellos de Área Santiago destaparon unha lona coa imaxe da campaña. A imaxe está composta por catro fotografías que pretenden transmitir algúns dos valores diferenciais de Área Santiago: o relax e a tranquilidade, as...

Ler máis

FESTAS

Roberto Vilar encheu de humor e de lembranzas unha praza do Obradoiro que cantou o "Miudiño"

22/07/2013

As Festas do Apóstolo xa están en marcha. Por diante quedan nove xornadas festivas, tras o pregón de apertura das festas pronunciado polo cómico Roberto Vilar. Ante unha praza do Obradoiro ateigada de xente, o pregoeiro fixo gala do seu habitual sentido do humor, con referencias á actualidade e ao cotiá, mesturado nesta ocasión coas alusións á cidade na que leva vivindo 23 anos.

Ler máis
Compartir: