CONSORCIO
Belén Hernández, nomeada nova xerente do Consorcio de Santiago
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día, nomeouse a Belén Hernández como nova xerente do Consorcio de Santiago.
NADAL
Comeza a actividade "A Fábrica de Agasallos" na Fundación Eugenio Granell, dentro do programa de Nadal do Concello
O martes 23 arranca unha nova actividade no marco do programa que programou o Concello de Santiago para este Nadal. Nesta ocasión desenvolverase na Fundación Eugenio Granell.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade
Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Santiago contará nun prazo de seis meses cun Plan Director dos parques e xardíns da cidade
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, ven de anunciar hoxe que o Concello, a través do actual contrato de mantemento das zonas verdes, iniciará a redacción dun Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cun investimento para a súa redacción de 144.085 euros. O traballo será realizado por un dos arquitectos e paisaxistas de maior prestixio do no país, Iñaki Alday.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello recolle os xoguetes recadados pola empresa Viaqua
A concelleira María Corral presidiu o acto de entrega dos agasallos, que serán distribuídos pola Asociación San Vicente de Paúl.
ALCALDÍA
Achega de 200.0000 euros da Deputación para a reforma do campo de fútbol de Conxo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mailo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, veñen de asinar estes días en Santiago dous convenios de colaboración que permitirán o investimento de 440.000 euros no municipio.
Un deles ten como finalidade o arranxo integral do campo de fútbol de Conxo, actuación cun orzamento total de 367.000 euros, dos cales 200.000 serán aportados pola institución provincial.
Segundo o proxecto, a actuación recolle a reforma do campo de...
ALCALDÍA
O Concello asina unha amortización anticipada de débeda por máis de catro millóns de euros
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou co director de negocio institucional de Abanca Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña, a amortización anticipada de débeda por un importe de 4 millóns de euros.
ALCALDÍA
Maite Cancelo toma posesión como concelleira da Corporación
No pleno extraordinario celebrado esta mañá, tomou posesión a nova concelleira da Corporación, que se incorpora ao grupo de goberno, Maite Cancelo. Con esta incorporacións realízanse uns pequenos axustes nas áreas de goberno que deu a coñecer o alcalde.
ALCALDÍA
O alcalde expresou aos traballadores municipais os mellores desexos para 2015
O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu un Nadal máis a tradicional recepción aos traballadores do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo.
PLENO
Aprobadas as ordenanzas fiscais para 2015, que recollen unha rebaixa xeral de impostos para os composteláns
O Pleno da Corporación ven de aprobar definitivamente, cos votos favorables de PP e PSdeG-PSOE e a abstención do BNG, a modificación das ordenanzas fiscais para 2015. Acométese deste xeito unha rebaixa xeneralizada de impostos aos cidadáns de Santiago de Compostela que entrarán en vigor no mes de xaneiro.