XUNTA DE GOBERNO

Santiago contará cun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de Cornes

22/08/2014

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación urbanística que permitirá avanzar na tramitación dun novo estacionamento disuasorio baixo o viaduto de ferrocarril da zona de Cornes – Pontepedriña. O alcalde, Agustín Hernández, anunciou que este aparcadoiro, que xa se vén utilizando de facto por moitos condutores malia a súa falta de acondicionamento, ofrecerá máis de 200 prazas en superficie para vehículos lixeiros e motocicletas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Máis de 500.000 euros para a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo

22/08/2014

O Goberno local aprobou a reforma do campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo. A principal intervención nesta área deportiva será a substitución do campo de terra actual por outro de herba artificial. A obra suporá un investimento de 367.000 euros, dos que 200.000 serán achegados pola Deputación Provincial e os 167.000 restantes polo Concello. Esta actuación completarase con outra complementaria por 120.000 euros.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións nos hoteis de Santiago creceron un 7,53% en xullo

22/08/2014

O INE contabilizou no mes de xullo en Santiago 131.548 pernoctacións nos hoteis de Santiago, 9.212 máis que no mesmo mes de 2013, o que representa un crecemento do 7,53%. O aumento de pernoctacións pode considerarse un bo dato para Santiago, especialmente comparándoo co descenso dun 0,2% que tivo a media española no mesmo mes.

Ler máis

CULTURA

Alas Circo e Cair Circo en Verán na Rúa

21/08/2014

Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a tódolos públicos. Este venres, dende Andalucía, chega á Quintana un espectáculo multidisciplinar con trapecio, teas, acrobacias, malabares e moitas sorpresas. Será ás 19:30 horas na praza da Quintana, da man de Alas Circo.

Ler máis

ALCALDÍA

Primeira toma de contacto institucional de Agustín Hernández coas directivas da S.D. Compostela e do Santiago Futsal

21/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo sendas reunións cos presidentes do Santiago Futsal, Ramón García, e da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro. Con ambos e acompañado pola concelleira de Deportes, María José Corral, analizou as súas expectativas para a temporada 2014-2015 que está a piques de comezar e transmitiu o apoio institucional do Goberno municipal a "dous clubs que levan o nome de Santiago por toda España".

Ler máis

TURISMO

Francis Paniego, cociñeiro con dúas estrelas Michelin, participará nos obradoiros profesionais de Compostela Gastronómica

20/08/2014

A primeira edición de Compostela Gastronómica, que se celebrará entre o 19 e o 28 de setembro, contará entre os seus participantes con Francis Paniego, un dos cociñeiros máis recoñecidos de España, responsable do Hotel Gastronómico Echaurren, galardoado con dúas estrelas Michelin e Premio Nacional de Gastronomía. A súa presenza enmárcase nos obradoiros profesionais pensados para que os cociñeiros locais podan compartir ideas con reputados cociñeiros tanto galegos como españois.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago renova 42 instalacións deportivas ao aire libre en barrios e parroquias

20/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, visitou as pistas deportivas do Parque de Xixón, cuxa remodelación vén de rematar. Esta actuación está incluída no plan de mellora e mantemento de instalacións deportivas ao aire libre, cuxos detalles ofreceu o rexedor municipal. Iniciado en xuño e con data de remate en febreiro de 2015, este programa permitirá por a punto 42 pistas deportivas de barrios e parroquias de Compostela,...

Ler máis
Compartir: