PLENO

O novo campus educativo do Manuel Peleteiro, para 2009

25/09/2007

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria, aprobou definitivamente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto). Alí construirase o novo complexo educativo do Colexio Manuel Peleteiro, co obxectivo de que estea listo en 2009 e entón se efectúe o traslado dende as actuais instalacións no centro da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Fontiñas contará con novo pavillón polideportivo nos primeiros meses de 2009

24/09/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e as conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinaron un convenio de colaboración para a construción dun pavillón polideportivo en Fontiñas. Esta obra conta cun investimento de 2,5 millóns de euros, distribuídos en 3 anualidades, achegando cada unha das partes preto de 833.333 euros

Ler máis

ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio solicitará a implicación do Goberno central na eliminación do cableado dos cascos históricos

24/09/2007

Cuenca acolleu a Asemblea ordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Representando a Santiago estivo a concelleira Mar Martín. Na reunión acordouse solicitar unha entrevista coa vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para trasladarlle unha serie de problemas cos que se atopan as cidades patrimonio, como a eliminación do cableado dos cascos históricos.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Remata o prazo para participar no Concurso de Escaparatismo

24/09/2007

O mércores 26 de setembro remata o prazo para inscribirse na Edición de outono do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007. Para participar, os comerciantes só teñen que cumprimenten o formulario que se adxunta coas bases e envialo por fax ao número 981 554 296. Tamén se poden inscribir no correo electrónico escaparatismo@santiagodecompostela.gal, facendo constar os seguintes datos: nome do estabelecemento, sector, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico.

Ler máis
Compartir: