MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

Cidade Histórica e Medio Ambiente entregan os premios do II Concurso de Balcóns

26/07/2010

A compostelá praza de Cervantes foi o escenario da entrega dos premios do II Concurso de balcóns da Cidade Histórica Flores na Cidade, que organiza o Concello de Santiago. No acto participaron as concelleiras do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e da Cidade Histórica, Olga Pedreira, acompañadas por José Antonio Mosquera, xefe de Parques e Xardíns; Angel Pérez Otero, técnico do Medio Ambiente; Javier Fernández, xefe de servizo de Cidade Histórica e Ignacio Cereijo representando á empresa Cespa.

Ler máis

FESTAS

A música negra do Amen Gospel Choir, protagonista dunha nova xornada das Festas

25/07/2010

Arrinca a segunda semana das festas do Apóstolo. O prato forte da xornada do luns 26 de xullo será a actuación do Amen Gospel Choir na praza da Quintana, ás 22:00 horas. Esta formación é unha das máis versátiles no campo da música gospel e no seu repertorio inclúese dende o máis tradicional ata o máis contemporáneo, pasando polos espirituais e os himnos.

Ler máis

FESTAS

Os Fogos do Apóstolo introduciron a milleiros de persoas nunha viaxe de luz e son a través de Santiago e a tradición xacobea

24/07/2010

Milleiros de persoas presenciaron un ano máis e dende diversos puntos da cidade os Fogos do Apóstolo. Os máis madrugadores, que dende primeiras horas da tarde encheron a praza do Obradoiro, puideron presenciar máis de preto unha viaxe de luz e son a través da historia e das tradicións que rodean a figura do Apóstolo, o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e Galicia enteira.

Ler máis

FESTAS

Fogos artificiais, historias xacobeas e Lamatumbá na noite grande do Apóstolo

23/07/2010

Xa está case todo listo para os Fogos do Apóstolo, que comezarán ás 23:30 horas do 24 de xullo dende o Obradoiro. A organización distribuirá entre os presentes na praza unha guía para seguir o espectáculo. Do 25 ao 30 de xullo haberá réplicas do espectáculo dende a praza do Obradoiro e o sábado 31 os fogos de fin de festa dende a escalinata do Campus Vida.

Ler máis

MOBILIDADE

O estacionamento de borde de Salgueiriños abre ao público cunha xornada continua

23/07/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha xuntanza extraordinaria do Consello de Administración de TUSSA, na que se acordou o modelo de xestión do aparcadoiro de Salgueiriños. Este asunto fora tratado previamente nunha Xunta de Goberno extraordinaria. O novo estacionamento comezará a funcionar o sábado 24 de xullo, e tanto este como o de Santa Marta estarán abertos durante toda a noite desta xornada para facilitar o acceso á cidade de visitantes e veciños.

Ler máis

CONSORCIO

O patrimonio de Santiago de Compostela aproxímase ao cidadán

23/07/2010

O Consorcio de Santiago pon ao servizo dos cidadáns, a través de Internet, o Sistema de Información Patrimonial (SIP) da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. Dende o 2009, este sistema estaba dispoñible para os xestores do Consorcio e doutros organismos participantes no proxecto e a partir de agora publicarase a información Patrimonial, tanto cartográfica como documental, ao público en xeral.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "As obras en marcha son necesarias e oportunas"

23/07/2010

O alcalde compostelán indicou en rolda de prensa que "as obras actualmente en marcha son necesarias e oportunas", xa que "é o único momento no que se poden pagar". Así, en relación ás obras en marcha na cidade, Sánchez Bugallo afirmou que "a alternativa era ou facelas este ano ou non facelas e aprazalas sine die".

Ler máis
Compartir: