TRÁFICO

En marcha unha campaña de control da velocidade en travesías e vías periurbanas

22/08/2012

O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta da realización, entre o 20 e o 26 de agosto, dunha campaña de control de velocidade nas travesías e vías periurbanas da cidade. Estes controis son realizados pola Dirección Xeral de Tráfico no marco dunha campaña habitual por estas datas, contando coa colaboración da Policía Local.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Paula Prado loa o traballo de COGAMI no eido das empresas de economía social

22/08/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visitou no Polígono do Tambre as instalacións do centro de reciclaxe TRAMEVE, un centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial que ten a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Este complexo dedícase á reciclaxe ecolóxica de pezas de vehículos fóra de uso.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago intensifica a colaboración coa Cruz Vermella

21/08/2012

A concelleira delegada de Benestar Social, Paula Prado, mantivo este martes unha xuntanza co coordinador comarcal da Asemblea da Cruz Vermella, Cibrán Vázquez, co obxecto de abordar a sinatura do convenio anual de colaboración con esta entidade social. Incorpórase como principal novidade a prestación do servizo de teleasistencia no fogar, dirixido a todos aqueles maiores da cidade que vivan sós, como medio de prevención de riscos, e que se complementará coa implantación de 20 sistemas periféricos de detección de gas,...

Ler máis

FESTAS

Todo listo para o agardado concerto de Tom Jones na praza da Quintana

21/08/2012

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, confirmou que xa está todo ultimado para o concerto que Tom Jones ofrecerá na praza da Quintana o luns 27 a partir das 22:30 horas. A penas quedan 500 entradas das 3.000 postas á venda, moitas delas adquiridas por persoas de diversas partes de España, o que dá conta da expectación creada por esta actuación, a única do cantante galés na Península no marco da súa actual xira.

Ler máis

URBANISMO

O Concello modificará puntualmente o PXOM para clarificar e flexibilizar as interpretacións restritivas dalgúns artigos

20/08/2012

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a modificación puntual de catro artigos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co obxecto de clarificar algúns deles, suxeitos a diferentes interpretacións técnicas, e para flexibilizar outros que resultaban máis restritivos que a normativa autonómica na materia. Así, os cambios afectarán a aqueles inmobles fóra de ordenación parcial e ás alturas dos locais comerciais.

Ler máis
Compartir: