ACCIÓN CULTURAL
Oliver Laxe presentou en Cineuropa a súa premiada "Mimosas"
O Teatro Principal abrirulle as portas de novo a Oliver Laxe, que visitou Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme.
ACCIÓN CULTURAL
A repostería e as artes escénicas, da man no programa familiar "12 doces do outono"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa 12 doces do outono, unha proposta familiar para os centros socioculturais na que a repostería do outono se une a diversas representacións escénicas. Serán 12 espectáculos, en 12 espazos diferentes, a celebrar os domingos 13, 20 e 27 de novembro e 4 de decembro.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras do gran contrato de mantemento
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio das obras do gran contrato de mantemento, ao que o Goberno local destinou 1,2 millóns de euros. Rafael Peña explicou que os traballos xa están en marcha na rúa Diego Bernal e Fontes do Sar, que estarán rematados previsiblemente mañá. O luns, iniciaranse as reparacións na rúa das Rodas, unha das máis deterioradas do centro da cidade.
ALCALDÍA E TURISMO
Aberto o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, que se celebra ata o vindeiro domingo. No acto, celebrado na Fundación Torrente Ballester, tamén participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o ilustrador Miguelanxo Prado e a concelleira de Turismo, Marta Lois.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Antonis Papatheodolou e Iris Samartzi reciben o IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
Os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi recibiron de mans do alcalde, Martiño Noriega, o IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, como autores do texto e das ilustracións, respectivamente, da obra Unha última carta. A cerimonia celebrouse no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.
ACCIÓN CULTURAL
Oliver Laxe visita Cineuropa para presentar a súa premiada "Mimosas"
O Teatro Principal abriralle as portas de novo este venres a Oliver Laxe, que visita Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme. Será ás 20:00 horas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Starcach", "Ser docente a través da arte" e "Dimenome" gañan os IX Premios Educacompostela
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe dos tres traballos gañadores da novena edición dos premios Educacompostela, convocados polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación...
MOCIDADE
Abre o Centro Xove da Almáciga con actividades para a mocidade durante 11 horas ao día
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, visitou esta mañá cos medios de comunicación a nave do Centro Xove da Almáciga, que logo pola tarde inaugurou o alcalde, Martiño Noriega.
CONSORCIO
O Consorcio remata a obra de pintura da fachada da capela da Quinta Angustia
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar a obra de pintura da fachada da capela da Quinta Angustia. O orzamento global desta intervención ascendeu aos 11.240,90 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa a agardada "Lady Macbeth" de William Oldroyd
A programación de Cineuropa do xoves 10 de novembro inclúe a proxección do agardado filme Lady Macbeth, de William Oldroyd, no Teatro Principal. Alí tamén se estreará Aquarius, de Kleber Mendonça Filho, que supón o rexurdimento interpretativo da gran Sonia Braga.