ALCALDÍA

Santiago e A Coruña continúan a por en valor o Camiño Inglés

02/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés. No acto tamén participaron representantes dos catro grupos municipais; o concelleiro de Emprego e Economía Social da Coruña, Alberto Lema, e o deán da Catedral, Segundo Pérez, entre outros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a Oferta de Emprego do Concello para 2016

02/12/2016

A Xunta de Goberno ratificou hoxe a proposta da concelleira delegada de Economía e Facenda relativa á aprobación da Oferta de Emprego de 2016, a primeira que se aproba dende ao ano 2008. Entre a relación de postos de traballo que se van convocar, e que xa foi previamente aprobada polo Pleno da Corporación, figuran 17 prazas de quenda libre e 29 de promoción interna.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A programa Tropa Verde, Premio R de Ecoembes

01/12/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu onte en Madrid un novo premio para o programa Tropa Verde. Desta vez, foi o Premio R de Ecoembes, na categoría de mellor campaña de sensibilización das administracións públicas.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza un concurso de relatos curtos ilustrados

01/12/2016

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC vén de convocar o seu segundo concurso de relatos curtos ilustrados, que neste Ano Internacional dos Legumes estará dedicado a este alimento. Así, os traballos que se presenten deben estar relacionados cos legumes: as plantas que os producen, os tipos que existen, as súas propiedades, ou a súa historia.

Ler máis

PATRIMONIO

Aberto o concurso "Nadal nas Cidades Patrimonio"

01/12/2016

Coa chegada do Nadal, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convida aos seus seguidores nas redes sociais a participar no concurso Nadal nas Cidades Patrimonio. As persoas participantes poden gañar unha noite nun Parador de Turismo das Cidades Patrimonio.

Ler máis

SAÚDE

Santiago súmase ao Día Internacional da Sida

01/12/2016

O Concello de Santiago sumouse á celebración do Día Internacional da Sida, que se conmemora cada 1 de decembro dende 1988. Esta xornada aprovéitase por entidades e asociacións para dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/Sida causada pola extensión da infección por VIH.

Ler máis

PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio solicitan ante a FEMP maior financiamento para atender os seus cascos históricos

01/12/2016

A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), Elena Nevado, rexistrou esta semana unha petición ante a Federación de Municipios e Provincias (FEMP) na que se solicita que se teñan en conta as características especiais das 15 cidades que conforman o Grupo á hora de abordar as negociacións co ministerio de Facenda de cara ao novo Financiamento Local.

Ler máis
Compartir: