FESTAS
Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos protagonizan na Quintana a Xornada do Folclore
A Xornada do Folclore, suspendida nas festas do Apóstolo por mor do accidente ferroviario de Angrois, celebrarase este sábado, 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, na praza da Quintana. Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos serán os catro grupos protagonistas, xuntando máis de 100 persoas enriba do escenario.
ALCALDÍA
Santiago únese ao apoio á candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2020
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi unha representación da Real Federación Hípica Española que realizou o Camiño de Santiago en apoio á candidatura olímpica de Madrid 2020.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Semana Cultural de Conxo cumpre 28 anos con outro amplo programa de actividades
Do 10 ao 14 de setembro celébrase a XXVIII Semana Cultural de Conxo, que un ano máis trae unha variada programación para todos os públicos. Este ano, ademais, as xornadas culturais sitúanse entre as festas do barrio, a Mercé e o San Serapio, que completarán de xeito lúdico o programa.
MOBILIDADE
Entran en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano
TUSSA, a empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, comunica que o luns, 9 de setembro, producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano. A nova temporada non contempla cambios substanciais con respecto ao inverno pasado, agás os levados a cabo no presente ano, coa adecuación da nova liña P6 ao polígono do Tambre.
CULTURA
O Primavera Sound Touring Party chega a Compostela os días 23 e 24 de novembro
O alcalde da cidade, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia; e David Lago, de Sweet Nocturna, presentaron a chegada a Santiago do Primavera Sound Touring Party, que se celebrará os días 23 e 24 de novembro na Sala Capitol
TURISMO
A canle de televisión de Oprah Winfrey grava en Santiago un documental sobre o Camiño
A produtora de Nova York Part 2 Productions estivo estes días en Santiago gravando parte dun documental sobre o Camiño de Santiago que se emitirá na canle de televisión de Oprah Winfrey, OWN. Oprah Winfrey, propietaria dun importante grupo mediático con presenza en televisión, radio, prensa e internet, é a muller máis influinte de EEUU e foi a única persoa incluída en todas as edicións da lista de 100 persoas máis influíntes do mundo da revista TIME entre os anos 2004 e 2011.
EDUCACIÓN
Inicio do curso universitario 2013/2014
A concelleira de Educación, María Castelao, asisitiu ao acto de apertura do curso académico universitario 2013/2014, celebrado no Colexio de Fonseca.
FESTAS
Os escoceses Primal Scream encheron de nostalxia e rock a praza da Quintana
Primal Scream recuperou o concerto das festas do Apóstolo suspendido no seu día polo accidente ferroviario de Angrois. Teloneáronos os composteláns Dirty Docks.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Volve o programa Compostela Cine Classics con dez novos filmes, coloquios, obradoiros, música e unha exposición para a lembranza
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a segunda edición de Compostela Cine Classics. Tras o éxito da primeira convocatoria de 2012, este proxecto busca agora a súa consolidación como un referente na programación sociocultural da cidade. Proxectaranse dez novos filmes clásicos, pero tamén haberá coloquios, obradoiros, música, faladoiros e unha exposición.
ALCALDÍA
Comezan as celebracións do XX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Arrancaron as celebracións do XX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España coa colocación nas fachadas dos concellos e noutros lugares patrimoniais de bandeirolas conmemorativas cos nomes e fotografías das 13 cidades españolas declaradas pola UNESCO Patrimonio Mundial. En Santiago, o alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de colocación da bandeirola, que loce xa no balcón do Pazo de Bendaña, na praza do Toural. Participou tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis.