XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local destinará preto de medio millón de euros á mellora do céspede de Santa Isabel
A Xunta de Goberno adxudicou este venres as obras de renovación e ampliación do céspede sintético e do sistema de rega do campo de fútbol de Santa Isabel á UTE formada por Francisco Gómez y Cia e Calfensa Proyectos SL. A, actuación suporá un investimento de 435.000 euros.
ALCALDÍA
O poeta Antonio Gamoneda descobre a cuarta pedra do Xardín das Pedras que Falan
O poeta asturiano Antonio Gamoneda descubriu esta tarde unha nova peza do "Xardín das Pedras que Falan", na que se poden ler uns versos da súa autoría. A súa é a cuarta pedra, despois das que serviron para inaugurar o proxecto, con letras de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza.
CONVIVENCIA
A II Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela
Uns 550 nenos e nenas participaron esta mañá na II Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso nos centros escolares de Santiago. No transcurso da gala fíxose entrega dos diplomas acreditativos aos/ás estudantes que participaron nas actividades formativas, así como dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxo organizado pola Policía Local.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Teatro Principal acolle este venres a estrea do proxecto "Común-Artes"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou esta mañá o proxecto Común-Artes, que se estreará este venres 8 de xuño, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal. Na rolda estivo acompañada do director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López e da directora do espectáculo, Carlota Pérez.
DEPORTE
A olímpica Carolina Rodríguez amadriña o V Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica, que se celebra este domingo en Sar
Preto de 600 ximnastas escolares de 23 clubs procedentes de toda Galicia participarán este domingo 10 de xuño no V Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica, que promove o club compostelán co respaldo das federacións galega e española de ximnasia. Os detalles do evento foron presentados esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales; a presidenta do Club Viravolta, Wendy Rey, e o patrocinador do evento, Chema Fernández, de Jael Xoiería.
ALCALDÍA
María Rozas recibiu a Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía en 2004
A alcaldesa accidental, María Rozas, recibiu a Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía 2004, Finn E. Kydland, que está na cidade no marco do programa ConCiencia, promovido pola USC e o Consorcio de Santiago. O científico asinou no Libro de Honra.
ACCIÓN CULTURAL
Antonio Gamoneda e Elias Knörr visitan a SELIC
A II Semana do Libro de Compostela intensifica o seu programa de actividades ás portas da recta final. Malia que este venres se mantén o horario de atención ao público no interior da carpa, de 17:00 a 21:00 horas, as propostas multiplícanse no seu exterior e esténdense no tempo cunha nova sesión do OFF SELIC.
ALCALDÍA
O Goberno local colabora coa Asociación Española contra o Cancro
Un ano máis, o Goberno de Compostela colabora coa Asociación Española Contra o Cancro, na súa tradicional campaña de recollida de fondos. A alcaldesa en funcións, María Rozas, foi desta vez a encargada de facer entrega do donativo para colaborar coas actividades da entidade.
ALCALDÍA
O Concello achégalle á Xunta as súas suxestións de cara á elaboración do novo catálogo de espectáculos
O Concello de Santiago vén de remitirlle á Vicepresidencia da Xunta un escrito no que achega as súas suxestións de cara á elaboración do Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas que o Goberno galego debe actualizar ao abeiro da nova Lei de Espectáculos que entrará en vigor o 2 de xullo.
MEDIO RURAL
Comezan os traballos de roza nos viarios e fincas de titularidade municipal
O próximo luns, 11 de xuño, comezará a primeira fase dos traballos de roza dos viarios municipais, á que se destinarán 110.000 euros. Tamén ao longo da próxima semana empezarase a actuar nas fincas de titularidade municipal.