MOCIDADE

En marcha novas actividades do piloto de Orzamentos Participativos de Mocidade

06/10/2016

A concelleira Branca Novoneyra deu conta hoxe do inicio de tres actividades organizadas polo Departamento de Mocidade, ao abeiro do piloto de Orzamentos Participativos nesta área para 2016. Trátase do ciclo Cine Espallado, dunha campaña de sensibilización contra o maltrato animal e dun curso de comunicación en Lingua de Signos.

Ler máis

FACENDA

Ábrese o prazo para votar as propostas finalistas dos Orzamentos Participativos Compostela Decide

06/10/2016

A partir de mañá, venres 7, e ata o 25 de outubro, a cidadanía compostelá poderá decidir a que destinar unha parte do orzamento municipal para 2017. Son 1.000.000 de euros en total divididos en 4 áreas (rural, nordeste, sueste e cidade) para as cales se foron recollendo ao longo destas semanas diversas propostas veciñais. A web dos Orzamentos Participativos Compostela Decide recolle todas as iniciativas de investimentos que finalmente superaron a fase de avaliación e...

Ler máis

ALCALDÍA

Reunida a mesa de diálogo coa hostalería

05/10/2016

O alcalde de Santiago presidiu hoxe a reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. Na xuntanza participaron tamén os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG. Pola parte do sector hostaleiro participaron membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.

Ler máis

CONSORCIO

Unha mostra fotográfica do 20º aniversario da Real Filharmonía pode visitarse nos CSC de Vite, Santa Marta e Fontiñas

05/10/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana concertos gratuítos nos centros socioculturais de Vite (hoxe, mércores 5), Santa Marta (mañá, xoves 6) e Fontiñas (venres día 7). No marco desta iniciativa, os tres centros acollen ademais unha exposición conmemorativa do 20º aniversario da orquestra. É unha selección de instantáneas de Luis Soto, amante da fotografía e frautista da agrupación.

Ler máis

TURISMO

Nove longas documentais no Womex Film Nights, aberto ao público

05/10/2016

O Womex 2016, que ten entre os seus patrocinadores ao Concello de Santiago, a través de Incolsa, amplía o seu campo de operacións dende á música ao cine máis directamente emparentado coa música. Womex Film Nights é o nome da sección cinematográfica do festival que se celebrará entre 20 e o 22 de outubro e que ofrecerá un total de nove títulos no Museo das Peregrinacións. Esta é a primeira vez que este festival cinematográfico se celebra de maneira aberta aos públicos...

Ler máis
Compartir: