XUNTA DE GOBERNO

Nova rúas Xoán Paulo II, Manuel Beiras, María Miramontes, Voces Ceibes, Vicente Risco e Victoria Kent

06/10/2009

A proposta da Alcaldía, a Xunta de Goberno acordou nomear como avenida de Xoán Paulo II a rúa comprendida entre a avenida do Camiño Francés e a avenida de Asturias. Nesta mesma zona haberá outras dúas rúas con nova denominación: Vicente Risco e Victoria Kent. Tamén se lles dá o nome de rúas Manuel Beiras, María Miramontes e Voces Ceibes a tres vieiros en Cornes.

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

O programa Compostela Medieval achegará a historia de Santiago aos máis pequenos

06/10/2009

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou o novo programa Compostela Medieval, que busca achegar a veciñanza á historia da cidade. Está dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaria e consiste nun conxunto de actividades encamiñadas a que os nenos e as nenas participantes "visualicen" Compostela como a máis antiga das cidades medievais de Galicia, mesmo de Europa, destino de peregrinos, comerciantes e artesáns das máis diversas procedencias.

Ler máis

CULTURA

Curtocircuíto 2009 proxectará 223 curtas

06/10/2009

O sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Santiago de Compostela Curtocircuíto. Durante oito días, o Festival proxectará 223 Curtas entre o CGAC e o Teatro Principal.

Ler máis

CONSORCIO

Comezan as obras da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias"

06/10/2009

Coa construción do edificio que albergará os fondos do Museo de Historia Natural Luis Iglesias, o Consorcio de Santiago contará cun novo edificio emblemático, asumindo a construción, execución e financiamento das novas instalacións. O conxunto do proxecto suporá unha inversión total de 3.909.280 euros. Pola súa parte será a propia Universidade a que xestionará o Museo, financiando o proxecto encargado ao arquitecto César Portela.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Unha delegación do Instituto de Promoción Humana de Nicaragua visitou o Concello

05/10/2009

A directora do Instituto de Promoción Humana (INPRHU)-Somoto, de Nicaragua, Gladys Cáceres, e outro membro da mesma entidade, Luis Álvarez, visitaron o Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín. O INPHRU é unha entidade coa que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade -do que forma parte o Concello- vén traballando dende 2003.

Ler máis
Compartir: