ALCALDÍA
O Concello aliña as políticas públicas municipais cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030
O Concello de Santiago lanzou este martes a nova páxina web compostela2030.gal, coa finalidade de enmarcar todas as políticas públicas municipais aliñadas coa Axenda 2030 da ONU para o desenvolvemento sostible nun portal común e accesible para toda a cidadanía. A web inclúe un vídeo explicativo que introduce ao visitante en como se está a desenvolver a Axenda 2030 na cidade.
FESTAS
Santiago e Padrón renovan a súa irmandade un Apóstolo máis
As festas do Apóstolo celebraron este martes o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa, se ben este ano non se puido realizar este encontro por coincidir co confinamento e o estado de alarma.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Territorio Xogantín ponse en marcha o luns 3 de agosto
Un ano máis, a Concellaría de Políticas Lingüísticas propón tomar as rúas, as prazas e os parques para enredar libremente no Territorio Xogantín que ofrece Santiago de Compostela. O vindeiro 3 de agosto volverase xuntar un grupiño de nenas e nenos de 6 a 10 anos coas monitoras de Xandobela dende as 11:30 ás 13.:30 h, de luns a venres, na praza do 8 de Marzo, para facer súa a rúa.
ROLDAS DE PRENSA
Dezaseis alumnos/as formaranse no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II"
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou as bases para a selección dos/das participantes no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II". Ademais, adxudicouse a obra de reparación do muro entre as rúas de París e Luxemburgo, nas Fontiñas.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival C enche de programación cultural o mes de agosto
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a programación cultural do mes de agosto, acompañada por Xosé Lois Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña, e Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia. O Festival C reúne arredor de medio cento de actividades de música, circo, poesía e artes escénicas e visuais en diferentes espazos da cidade.
ALCALDÍA
Unha mostra na Alameda resalta a mestría e oficio do arquitecto Domingo de Andrade, persoeiro das artes galegas en 2020 e 2021
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron na Alameda á inauguración da exposición Domingo de Andrade: xenio e oficio, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Son 24 paneis que mostran a traxectoria do mestre galego por diferentes localidades galegas.
ALCALDÍA
Recepción á SD Compostela polo seu ascenso a 2ª B
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e outros/as integrantes da Corporación recibiron a SD Compostela, en recoñecemento á súa volta á Segunda División B o pasado sábado.
ALCALDÍA
Bando do alcalde con motivo do 25 de xullo
Este é, sen dúbida, un Día de Galicia e un Apóstolo completamente distinto aos anteriores. A covid-19 coouse nas nosas vidas de forma abrupta e dolorosa e todos e todas sufrimos as súas consecuencias en maior ou menor medida. Quen máis, as persoas que perderon algún ser querido. Vaia para elas o noso máis sentido pésame e a máis agarimosa das apertas.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi aos Reis, que asinaron no Libro de Honra da cidade
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación asistiron aos actos con motivo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, que este ano realizou o Rei Felipe VI. Logo, o monarca e a súa dona, a Raíña Letizia, foron recibidos no Pazo de Raxoi, onde asinaron no Libro de Honra da cidade.
ROLDAS DE PRENSA
O alcalde anima a cidadanía a desfrutar das festas con "seguridade e prudencia"
Na véspera do día do Apóstolo, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, queixo animar os composteláns e compostelás a desfrutar das festas, pero sempre con "seguridade e prudencia". Lembrou que "o virus segue aí", polo que pregou "manter as distancias e seguir utilizando a máscara".