CAPITAL CULTURAL
Chega a VI edición do Delas Fest, a cita coa arte urbana feminista
As artistas urbanas Paula Calavera, Rame13 e Priscila Barbosa serán as encargadas de realizar os tres novos murais do festival feminista de arte urbana contextual que, nesta edición, contará cun variado programa de actividades.
XUNTA DE GOBERNO
Unha nova sentenza pón o foco na lexitimidade do Concello a defender o dereito á vivenda e subliña a validez da declaración de ineficacia da comunicación previa para unha VUT
A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica e voceira do goberno de Santiago, Míriam Louzao, deu conta hoxe dunha nova sentenza que vén confirmar as decisións políticas en materia de vivenda. Desta volta, o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma o fallo do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Santiago, que xa en primeira instancia lle daba a razón ao Concello. En total, o Concello conta con oito sentezas favorables firmes e dúas setenzas favorables pendentes de...
CAPITAL CULTURAL
Ábrese o prazo de inscrición de curtametraxes no XXI Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto
As propostas poderán concorrer ás seccións Cosmos, Supernova e Planeta GZ e deberán ser remitidas até o 20 de xullo a través da plataforma en liña shortfilmdepot.com
FESTAS
A cativada compostelá contará coa súa particular xornada de espectáculos e xogos na Festa Pícara do vindeiro 23 de xullo
O Parque Eugenio Granell acollerá o vindeiro 23 de xullo, unha xornada de divertimento dedicada especificamente á cativada de Compostela, a Festa Pícara. Trátase dunha xornada encadrada na programación das Festas do Apóstolo que contará con actividades variadas de teatro, música, títeres, obradoiros na lingua propia e poñendo en valor a cultura do país e achegando os pequenos e pequenas á lusofonía a través da música.
FESTAS
O ciclo "Cinema Compostela" traerá o último do audiovisiual galego ás rúas durante as Festas do Apóstolo
Desde o día 21 ata o 30 de xullo varios espazos da cidade acollerán un ciclo de cine ao aire libre, que proxectarán seis películas recentes do audiovisual galego para público infantil e adulto. Esta actividade foi presentada esta mañá pola concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o director e produtor de cine, Enrique Otero.
TURISMO
A alcaldesa Goretti Sanmartín presenta unha proposta para a creación dun imposto por estadía: "É un clamor social"
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, xunto á concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentou hoxe o documento ‘O imposto sobre estadías turísticas para Santiago de Compostela’, un documento elaborado no marco do Plan de Sostibilidade Turística no que participaron os catedráticos de Dereito Financieiro e Tributario César García Novoa e o catedrático de Xeografía Rubén Lois. "A sociedade de Santiago quere a taxa turística, é un clamor social", afirmou a rexidora...
CONSORCIO
O programa de axudas para a rehabilitación na cidade histórica TerÉManter acometerá 63 proxectos
O Consorcio de Santiago recibiu un total de 74 solicitudes de axudas para a rehabilitación de elementos especiais de madeira e a mellora da envolvente exterior nos edificios da cidade histórica.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista e vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Granada e Málaga, e pola muller e os seus dous fillos menores asasinados en Cuenca, durante a pasada fin de semana, últimas vítimas de violencia de xénero e vicaria.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Abre as súas portas o Espazo Maker Compostela
Santiago contará a partir do próximo venres cun espazo permanente e con actividades estables para promocionar a cultura maker. Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Cornes, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe este novo servizo "que está destinado a impulsar a creatividade entre a...
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL E OBRAS
O concelleiro de Obras reitera o seu compromiso de diálogo coa veciñanza do Pombal e dará conta de forma puntual dos avances dos traballos
O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, compareceu hoxe xunto co xefe de servizo de Proxectos e Obras, Antonio Ranedo, e o director facultativo da obra de reurbanización da rúa do Pombal, Pablo Blanco, para dar conta da primeira semana dos traballos. Este mércores, con preaviso, procedeuse a un corte de auga para executar un enganche de abastecemento co obxecto de garantir a subministración durante a duración dos traballos. O corte programouse dentro do tramo horario con menor afección para o conxunto da veciñanza e...