FESTAS
Volve o desfile-concurso de Entroido con premios para os mellores disfraces
O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso abrirase nos vindeiros días.
EDUCACIÓN
O Espazo de lecer María Miramontes celebra o Entroido
Un ano máis o Entroido forma parte da programación do Espazo de Lecer María Miramontes que lanza varios obradoiros temáticos e un desfile de disfraces para a cativada e as súas familias que percorrerá o barrio das Fontiñas o vindeiro sábado 10 de febreiro. O centro tamén inclúe no seu programa dos vindeiros meses os Sábados Abertos Temáticos dirixidos a un público familiar.
ALCALDÍA
A alcaldesa reúnese co presidente de Adif para coñecer o anteproxecto do aparcadoiro da Intermodal
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola portavoz do Goberno municipal, Míriam Louzao, mantivo unha xuntanza co presidente de ADIF, Ángel Contreras, e co director xeral, Juan Pablo Villanueva, para coñecer de primeira man o anteproxecto do aparcadoiro da Intermodal de Santiago de Compostela.
CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá, Asia e países europeos
Hoxe celebrouse a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, acompañado da alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, na que se aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do GCPHE para 2024, que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Entre as novidades para este ano, destaca un espectáculo de drons nas 15 cidades para celebrar o XXX aniversario do Grupo e un concerto extraordinario o día 8 de marzo na Santa Igrexa Catedral de La Laguna.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago publica unha convocatoria para a redacción técnica de proxectos de mantemento e rehabilitación dos edificios monumentais da cidade histórica
Unha subvención en especie coa que se cubrirán honorarios de redacción da documentación, proxecto técnico, dirección de obra e redacción do plan de mantemento. Edificios monumentais de valor excepcional, arquitectónico, histórico-artístico e cultural e edificios de características singulares poderán beneficiarse deste programa.
MOBILIDADE
A ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación e non afectará ás prazas de residentes
Ante as dúbidas relativas á próxima implantación da zona ORA na contorna do Hospital Clínico, o Concello de Santiago fai unha serie de aclaracións sobre este asunto.
TURISMO
O Concello de Santiago difunde o Código de Boas Prácticas en Fitur no marco da súa aposta polo cambio de modelo turístico
O Concello de Santiago apostou por superar os formatos clásicos de promoción e presentou en Fitur un vídeo que recolle os doce puntos do Código de Boas Prácticas en materia turística. Na presentación, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, puxeron o foco na sensibilización e na concienciación sobre a necesidade de apostar por un novo modelo que promova o turismo consciente, de calidade, e que permita unha convivencia harmónica entre persoas visitantes e residentes.
CAPITAL CULTURAL
‘Romeo y Julieta despiertan...’, con Ana Belén e Jesús Noguero, chega esta fin de semana ao Auditorio de Galicia
A obra ofrece unha revisión da traxedia shakesperiana que abre o foco ‘A voltas cos clásicos’ da temporada escénica de Compostela Cultura. As entradas para as dúas funcións programadas, o venres 26 e o sábado 27 ás 20.30 horas, poden ser adquiridas en compostelacultura.gal e na Zona C ·Punto de Información Cultural
EDUCACIÓN
As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM para achegar a música á cativada
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por décimoterceiro ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.
ALCALDÍA
O Concello presenta o plan de actuación para mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, deron conta esta mañá das actuacións incluídas na proposta de colaboración remitida desde o Concello de Santiago á Xunta co obxectivo de mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS. Ambas administracións manterán unha xuntanza o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 10:00 horas no Pazo de Raxoi para debater os detalles das actuacións.