PLENO

Remata a tramitación do PXOM

30/10/2008

Cos votos favorables do grupo de Goberno e o negativo do PP, quedou aprobado o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Queda así listo para a súa remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, que o ratificará como documento incorporando a parte aprobada pola orde de 3 de outubro de 2007 e a referendada o 1 de setembro de 2008.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Os accesos á cidade seguirán o modelo de Mestre Mateo

29/10/2008

Os técnicos municipais reuniranse en breve cos equipos redactores dos proxectos de reurbanización das vías de acceso á cidade. Segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, o obxectivo desta xuntanza será indicarlles que, á marxe das peculiaridades de cada unha das travesías, o modelo a seguir será o da rúa Mestre Mateo.

Ler máis

CONSORCIO

Arredor dos temas xacobeos

29/10/2008

Co título de En torno a lo Jacobeo, José María Díaz Fernández, deán-presidente do Cabildo da Catedral de Santiago, achéganos un volume recompilatorio de distintos textos que posúen unha unidade de conxunto. A meirande parte deles teñen algunha conexión coa figura do Apóstolo Santiago.

Ler máis

TURISMO

Santiago e Tanabe (Xapón) promocionan conxuntamente en Madrid os seus camiños Patrimonio da Humanidade

29/10/2008

As cidades de Santiago de Compostela e Tanabe fixeron, na Casa de Galicia en Madrid, unha presentación conxunta dos seus respectivos camiños de peregrinación aos medios de comunicación. Estiveron presentes dúas delegacións de ambas cidades, encabezadas pola concelleira de Turismo de Tanaba, Noriko Tada e o concelleiro de Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias. Os integrantes das dúas delegacións ían ataviados con traxes típicos locais.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Melloras nas redes de saneamento e abastecemento da rúa Ricardo Carvalho Calero e en Vidán

28/10/2008

Entre os acordos da Xunta de Goberno do martes 28 de outubro destacan, entre outros, a aprobación de obras de abastecemento e saneamento nas rúas Carvalho Calero en Vidán, a posta a disposición do Ministerio de Vivenda dos terreos e instalacións para a realización da obra de remodelación da Praza de Abastos, ou o reparto de máis de 260.000 euros entre os clubs federados da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Bonaval, parque literario

28/10/2008

O Parque de Bonaval foi declarado "Bonaval-Literario" e así será recoñecido cunha placa, segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no acto de declaración. O profesor Xesús Alonso Montero foi o encargado de proclamar este recoñecemento.

Ler máis
Compartir: