ALCALDÍA

O Concello estudará a cesión dun terreo á CEG para a unha nova sede

23/02/2009

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontela, plantexoulle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a necesidade dunha nova sede máis funcional para a entidade. Nunha reunión mantida en Raxoi a petición do primeiro, o alcalde comprometeuse a estudar a posibilidade de ceder un terreo para esa sede.

Ler máis

CULTURA

A Zona "C" expón as fotografías de Sara Fuentes

23/02/2009

O mércores 25, ás 20:00 horas, inaugúrase na Zona "C", a exposición 1:10, de Sara Fuentes Cid. A mostra aglutina 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Ler máis

ALCALDÍA

A patinaxe segue dando éxitos ao deporte compostelán

20/02/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ás integrantes e directiva do Club de Patinaxe Fontiñas. As patinadoras veñen de facerse co título no Campionato Galego de Grupos Show na modalidade de grandes, e coa quinta praza no de pequenos.

Ler máis

XUVENTUDE

Xuventude aposta pola música galega coa segunda edición do MúsicaXove

19/02/2009

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou a convocatoria do II Certame MúsicaXove, que dará a posibilidade de canalizar a creatividade musical das novas promesas musicais de Santiago e do resto de Galicia. No acto, o concelleiro estivo respaldado pola voz e guitarrista do grupo compostelán Sinestesia, Tomás Porteiro.

Ler máis
Compartir: