ACCIÓN CULTURAL
O Concello homenaxea a Xohana Torres cunha escultura inspirada nos seus versos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e as concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Medio Ambiente, Mila Castro, asistiron esta tarde no parque do Cancelón de Sar á inauguración da escultura en homenaxe á escritora compostelá Xohana Torres. A peza, obra da artista María Xosé Díaz, pretende recoñecer o seu papel fundamental na poesía galega da posguerra así como o seu compromiso coa lingua e literatura galega, especialmente durante os anos dos franquismo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local inclúe no POS+ da Deputación da Coruña, a instalación de novos equipos informáticos nos Centros Socioculturais do rural nos que aínda non se renovaron
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, acordou hoxe a participación do Concello de Santiago no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ ADICIONAL 2/2022" da Deputación Provincial da Coruña; que conta cunha achega de 750.263,70 euros.