PLENO
O Pleno declara de interese xeral municipal o Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas da Sionlla
Na sesión ordinaria de maio, o Pleno do Concello aprobou por unanimidade a declaración de interese xeral municipal do proxecto do Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas (CSIEB) promovido por Sionlla Biotech, sociedade limitada integrada por Uninova, a Cámara de Comercio e a Asociación de Empresarios do Tambre.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local acorda a volta ao traballo presencial da maioría de persoal que está teletraballando en quendas do 50%
A Xunta de Goberno Local acordou a volta ao traballo da maioría do persoal que neste momento está teletraballando en quendas do 50%. A circular afecta a todo o persoal empregado que ocupe despachos ou recintos illados de postos de traballo de maneira individual, así como ás persoas emprazadas en espazos ou recintos compartidos que posúan ventilación natural ou mecánica para minimizar a exposición á COVID-19.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Alovera (Guadalajara), vítima da violencia machista.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Youtubeiras centrarán a súa quinta edición na formación en liña e no fomento da creación de canles
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre os que se atopa Santiago, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede.